Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Dúas mulleres falecen en sendos accidentes en Malpica e Cabana

En Cabana, unha muller falecía tras sufrir un envorco co seu tractor, mentres que en Malpica era un atropelo a causa da morte.
Accidente cun tractor en Cabana-Imaxe da TVG
Imaxe da CRTVG
Dúas mulleres falecen en sendos accidentes en Malpica e Cabana

Volveu ser un día tráxico nas estradas da comarca o martes 6 de agosto. Despois do accidente do mediodía en Camariñas, as estradas de Bergantiños rexistraban dous accidentes mortais.

A primeira hora da tarde, arredor das 16:30h, unha muller de máis de 70 anos falecía tras envorcar o seu tractor no lugar de Pedrouzo cando ía cara a súa casa de Cundíns, en Cabana de Bergantiños. Debido á gravidade do accidente, os servizos sanitarios de urxencia desprazdos ao lugar mobilizaron un helicóptero medicalizado que non puido aterrar debido á néboa. A muller faleceu cando estaba sendo evacuada ao centro hospitalario de referencia na ambulancia.

Participaron na operación profesionais sanitarios, dos Bombeiros de Carballo, do GES de Ponteceso, dos axentes da Garda Civil e dos membros de Protección Civil da localidade.

Atropelo mortal en Malpica

Outra septuaxenaria falecía a última hora da tarde ao ser atropelada por un vehículo na AC-418, á altura do punto quilométrico 15, en Malpica de Bergantiños.

ovas relacionadas

Comentarios