![Ruta das Estrelas Riobó (Foto Xosé Manuel Varela)]()
Non había moi boas expectativas por mor do mal tempo que había na mañá do pasado venres, pero ao final, a noite quedou espléndida para celebrar a Ruta das Estrelas. A cita, que xa cumpriu cinco edicións, estivo organizada polo departamento de Cultura, Educación e Normalización Lingüística do Concello de Cabana.
Arredor das 22:00h xuntáronse no lugar de Riobó máis de duascentas persoas para acudir a unha cita que consideraban atractiva: Un paseo nocturno na compaña do físico baiés Jorge Mira e do historiador Ángel Eiroa.
Moitos dos asistentes amosáronse sorprendidos ao descubrir o interior da igrexa de San Martiño de Riobó. Despois ascenderon montaña arriba ata os Chans de Perrol, o que constitúe o punto máis alto do concello. Alí Jorge Mira descubriu múltiples segredos da esfera celeste.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Cabana de Bergantiños.