Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Fin de curso en Cabana

Fin de curso en Cabana
Doce pequenos non quixeron perder a oportunidade de despedirse dun xeito divertido antes de gozar das vacacións de verán. Por alí estaban co seu mandilón escolar (na fileira de arriba da fotografía e de esquerda á dereita) Iria Rellán, Brais Simal, Fernando Cereijo, Elsa Paredes, David Gándara, Antía Lema; (na fileira de abaixo) Noelia Fraga, Daniel Pérez, Brais García, Marco Reigía, Aitana Vázquez e Paula Ordóñez. Rematou o Programa Meniñeiro Xa vimos hai uns días o remate das actividades do primeiro grupo do Programa Meniñeiro, e a pasada semana asistimos ao remate das actividades do segundo grupo. Como acontecera coa primeira tanda, o alcalde de Cabana, José Muíño, asistiu á clausura, que se celebrou na Casa da Cultura. O primeiro edil repartiu agasallos entres os máis pequenos. O grupo estivo composto polos seguintes dez nenos e nenas: Paula Lema, Sheila Berbeira, Nerea Bermúdez, Adrián Bermúdez, Tania Amado, Sofía Mato, Pablo Romar, Kendra Varela, Iria Costa e Lucía Gagino. Todas as sesións foron desenvolvidas por Patricia Domínguez, monitora da empresa Breogán de Xestión.

Novas relacionadas

Fonte
  • Nota de prensa do Concello de Cabana, da man de Xosé Manuel Varela.

Comentarios