Eleccións #20D: O Bipartidismo mantense vivo na Costa da Morte coa irrupción de En Marea


Como era previsible, cambiou o panorama político estatal tras estas Eleccións Xerais do #20D de 2015. A irrupción de Ciudadanos e, sobre todo, de Podemos, deixa un reparto de escanos que dá pé a unha marea de posibles coalicións para formar goberno unha vez que non hai maiorías.
En España: Novo panorama

O PP mantense como a forza máis votada a nivel estatal, pero cae un 16% (3,6 millóns de votos e 63 escanos menos) e non lle daría para a maioría absoluta nin cunha coalición con Ciudadanos (que aparece con 40 escanos como 4ª forza, lonxe das enquisas das últimas semanas). Falarán aí os grupos nacionalistas de Cataluña ou Euskadi, pero non as galegas, pois Nós non conseguíu presencia no Parlamento.
Acusada tamén é a baixada do PSOE (90 escanos e 5,5 millóns de votos), con 20 escanos menos e unha perda de 1,5 millóns de votantes.
Moitos recalaron en Podemos e as súas plataformas nacionais en Galicia (En Marea), Cataluña (En Común Podem) e Valencia (Compromís-Podemos-És el Moment). De feito, en votos está moi preto do PSOE, pero en escanos queda lonxe, con 69, demostrando que a polémica Lei Electoral segue beneficiando aos dous grandes partidos.
En Galicia: Baixan todos e En Marea entra como 2ª forza

O PP perde máis de 300.000 votos en Galicia mentras que En Marea se sitúa como a segunda forza máis votada.
En Galicia o 20D deixou outro cambio político con varias lecturas. En primeiro lugar, o partido popular perdeu máis de 300.000 votos con respecto ás eleccións xerais do 2011, obtendo así cinco deputados menos na comunidade galega. O equipo liderado por Rajoy obtivo así o 37 por cento dos votos frente ao 52 por certo que acadara nas anteriores votacións.
Os que tamén rexistraron unha baixada de votos foron os socialistas, ainda que lograron manter os seis deputados que xa tiñan. En total obtiveron 345.839 votos (21,35%) frente aos 457.633 que obtivo no 2011. Esta perda de votos situounos como a terceira forza política en Galicia, por debaixo de En Marea.
A nova coalición de esquerdas galega foi a clara gañadora das eleccións xerais en Galicia que irrumpiu con 6 deputados. En Marea obtivo algo máis de 405.500 votos facéndose co 25,04 por cento.
Na parte contraria está Nós, candidatura galega que por primeira vez en 20 anos quedan fóra do Congreso. Os 70.000 votos obtidos polos nacionalistas non son suficientes para ter representación no Parlamento o que conleva unha pérdida importante de ingresos para a formación.
Pola súa banda, o partido de Albert Rivera obtén un deputado en Galicia grazas aos 146.745 votos que obtivo Ciudadanos.
Máis aló dos resultados, o 20D deixou anécdotas nalgunhas das 3.996 mesas electorais que hai en Galicia. Unha das máis destacadas foi unha mesa do concello coruñés de Rois na que o seu presidente padece unha discapacidade auditiva que requiriu a presenza dunha intérprete para levar a cabo a súa función.
Na Costa da Morte: O Bipartidismo mantense vivo na Costa da Morte co permiso de En Marea

A nivel comarcal, o PP segue a ser a primeira forza con case 25000 votos, pero perdendo máis de 11000 votos con respecto a 2011. O PSOE mantese como primeira forza, pero perde 4000 votos con respecto a ese mesmo ano.
A nova máis destacable é a irrupción de En Marea, que substitúe ao BNG como alternativa ao bipartidismo, con 14000 votos, polo 5000 de Ciudadanos e os 4500 de Nós.
A lectura que deixou as eleccións do 20D a nivel comarcal é similar á nacional. PP e PSOE continúan como os partidos máis votados na bisbarra ainda que perden forza.
Os populares seguen a ser a primeira forza en case todos os municipios da comarca obtendo case 25000 votos. Ainda así os resultados distan moito dos obtidos nos 2011 onde o equipo de Rajoy obtivo 11000 votos máis na Costa da Morte.
Pola súa banda, os socialistas mantéñense como a segunda forza polícica da bisbarra ainda que perde 4000 votos con respecto ás votacións do 2011.
A nova máis destacable é a irrupción de En Marea, que substitúe ao BNG como alternativa ao bipartidismo, con 14000 votos, polo 5000 de Ciudadanos e os 4500 de Nós.
Nunha boa parte dos concellos da Costa da Morte a cor política que deixan estas eleccións do 20D nada ten que ver coa cor do goberno municipal. Así, sorprenden casos como os de Carballo, Vimianzo e Zas nos que os populares situáronse como a forza máis votada a pesar de ser uns municipios gobernados polo BNG. Algo que non aconteceu nas eleccións do 2011 de forma tan descarada.
Outro dato salientable dáse en Corcubión, xa que é o único municipio da Costa da Morte no que En Marea foi a forza máis votada.
Resultados das Eleccións #20D Concello por Concello
Cabana

Camariñas

Carballo

Carnota

Cee

Corcubión

Coristanco

Dumbría

Fisterra

Laxe

Malpica

Mazaricos

Muros

Muxía

Ponteceso

Santa Comba

Vimianzo

Zas

Novas relacionadas
- Eleccións Xerais 2011: O PP arrasa na Costa da Morte igual que en toda España.
Máis novas electorais
- Eleccións Municipais #24M Maio 15: A caída do PP e unha alcaldesa, os principais cambios das eleccións municipais.
- Eleccións Municipais #24M Maio 15: Resultados das Eleccións Municipais 2015 na Costa da Morte.
- Eleccións Autonómicas 2012: O PP arrasa na Costa da Morte nunhas Eleccións Autonómicas marcadas polo descontento.
- Eleccións Municipais 2011: Os resultados das Eleccións Municipais 2011.
O Mirante: A previa das Eleccións Xerais 2015
- Decembro 2015: O Mirante: As coalicións protagonizan a recta final do 20D.
- Novembro 2015: O Mirante: Ciudadanos sitúase como a terceira forza política.
- Outubro 2015: O Mirante: PP e PSOE volven caer de cara ás Xerais de decembro
- Setembro 2015: O bipartidismo recupérase segundo o estudo demoscópico O Mirante do mes de setembro.
- Xullo 2015: #OMirante: PP e PSOE recuperan forza mentre Ciudadanos para o seu ascenso
- Xuño 2015: O PSOE achégase ao PP mentras Podemos segue collendo impulso
- Maio 2015: #OMirante: O Partido Popular continúa coa súa caída:
- Abril 2015: #OMirante: Ciudadanos medra a costa do PP.
- Marzo 2015: #OMirante: O PP retoma o mando en intención de voto ante o novo baixón de Podemos.
- Febreiro 2015: : O Mirante: Podemos frea o seu medre pero segue sendo a forza máis votada.
- Xaneiro 2015: Estudio de Carlos Neira para AMEGA: O Mirante: Podemos gañaría as eleccións a día de hoxe.
- Decembro 2014: Estudio de Carlos Neira para AMEGA: Podemos, camiño da Moncloa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Lorena Martínez Canosa ([email protected]).