Venres. 04.10.2024
El tiempo

As emprendedoras The Break sinalan un novo tramo da Vía Céltica

Mulleres de The Break sinalizando a Via Celtica
Sinalizando a Vía Céltica pola parroquia de Canduas
As emprendedoras The Break sinalan un novo tramo da Vía Céltica

Axudar a desenvolver o produto turístico da Vía Céltica é un dos obxectivos da chegada deste novo grupo de talentosas emprendedoras europeas á Costa da Morte no marco do proxecto The Break. Este segundo grupo de mozas internacionais están sumerxidas na nosa comarca para ofrecernos unha serie de recomendacións para mellorar o Camiño, e no marco desa inmersión, participaron este luns nunha sesión de sinalización.

Coa compañía do alcalde de Cabana, Jose Muiño, e Manuel Amigo Ferreiro, Presidente da Asociación Costavales, entidade promotora da Vía Céltica, o grupo partiu da Fonte de Pedro, na parroquia de Canduas en Cabana de Bergantiños, para sinalizar un tramo do sendeiro xacobeo, usando esas pezas da olería de Buño realizadas pola alfarería Liste. Foron colocando sinais ata capela de Fátima na parroquia de Sinde, que será próximamente rehabilitada.

Deste xeito, os emprendedores poderían coñecer mellor a contorna, o significado e dispor de máis datos para a elaboración de propostas de campañas de turismo internacional que se presentarán o vindeiro venres 20 de outubro.

Aínda que o programa está chegando ao seu fin, esta semana, aínda visitarán varios elementos da zona, como o Refuxio do Naúfrago en Camelle. Tamén participarán nun encontro con emprendedores do mesmo programa pero doutros grupos de Galicia. Despois, o 20, farán a presentación final da proposta e accións para a visibilidade e promoción turística da zona a nivel europeo.

MÁIS INFO

Máis novas da Vía Céltica

Comentarios