Venres. 11.10.2024
El tiempo
que pasa na costa

Outro grupo de emprendedoras europeas comparten o seu talento na comarca co proxecto The Break

Presentación 3 segunda edicion The Break
Imaxe da presentación no Parador
Outro grupo de emprendedoras europeas comparten o seu talento na comarca co proxecto The Break

Despois da experiencia desenvolta en maio e xuño,  novo grupo de emprendedoras europeas chegaron á comarca para pasar unha estadía no marco do programa The Break PymeOn Costa da Morte, O Parador acolleu o acto de presentación, en presenza de varias entidades locais, empresarios e algunha, escasa, presenza municipal (apenas estiveron presentes representantes de Vimianzo, Cabana e Laxe), coa iuntención de que as talentosas mulleres teñan contacto directo coa sociedade costeira para completar o reto local xa comezado polo primeiro grupo.


A directora do programa e coordinador do proxecto de PymeOn, Noelia Rodríguez, “darase continuidade ao traballo realizado polo primeiro grupo de emprendedores que estiveron alí no mes de maio”, e ademais, seguirán traballando na creación de solucións para os retos propostos como o desenvolvemento sostible de dous novos atractivos turísticos: a Vía Céltica e o destino Startlight.
Tamén destacou a gran oportunidade de dar visibilidade ás empresas e emprendedores da Costa da Morte, como se puido comprobar na primeira edición e na que se acadaron cifras como as máis de 37.000 visualizacións nas redes sociais só a nivel europeo, dando lugar a reclamación doutros puntos xeográficos.

Foto grupo presentación The Break

Programa de actividades

Este programa europeo de emprendemento, que permitirá a 14 emprendedores de diferentes países de Europa coñecen, conviven e intercambian experiencias
empresas, entidades e empresarios da zona, conta cun calendario de encontros, visitas e actividades na zona.

Así, ademais de coñecer e completar unha das etapas da Vía Céltica, tamén contarán coa oportunidade de coñecer de primeira man diferentes tipos de empresas relacionadas coas turismo como o propio Parador Costa da Morte, facendo rede co asociación Todas Nós, ou a visita ao Casa de Man de Camelle, entre outros.
Ademais, vivirán e traballarán no espazo iSlow coliving, situado na casa consistorial de Laxe.

MÁIS INFO


 

Comentarios