Venres. 26.04.2024
El tiempo

Falece un mozo de Cesullas nun accidente en Tella

Falece un mozo de Cesullas nun accidente en Tella
accidente-en-tella Noite de luto en Bergantiños. Un mozo duns 20 anos, natural de Cesullas, perdeu a vida na estrada que une Ponteceso e Carballo. O rapaz viaxaba nun Peugeot 206, e na penúltima curva antes de chegar ao polígono, perdía o control e invadía o carril dereito, por onde baixaba un Renault Laguna. O Laguna impactaba frontalmente co lateral do 206, coa mala sorte de que sortear as medidas de seguridade, e provocando a morte no acto do rapaz. O vehículo chegou a impactar cunha casa. A parella de señores que viaxaba no Laguna foi trasladada ao PAC e posteriormente derivados ao Hospital Virxe da Xunqueira, pero non parecía de gravidade. Ao lugar dos feitos acodiron Protección Civil, e 061.

Accidentes 2016

Fonte

Comentarios