Sábado. 18.05.2024
El tiempo

Riobó procura noivos

Riobó procura noivos
O vindeiro sábado 13 de agosto celebrarase a IV edición de Unha Noite no Medievo, na parroquia de Riobó, en Cabana de Bergantiños. Pois ben, o Concello procura parellas de noivos para que participen na actividade da Prevoda Medieval. A cita dará comezo ás 17:00h. Trátase dunha das actividades que máis expectación crea dentro do programa desta festa lúdica e gastronómica. Os noivos deberán vestirse de xeito medieval e achegaranse á aldea montados a cabalo. Despois recrearán un acto de voda sacado do Medievo. Estará comandado pola actriz Tamara Lema. É a terceira edición da Prevoda Medieval, un acto que se encarga dentro das catro edicións de Unha Noite no Medievo. No primeiro ano casaran tres parellas. O pasado ano fixo o propio unha parella na que o noivo era orixinario de Francia. Para inscribirse na actividade, hai que dirixirse ao departamento de Cultura, Educación e Normalización Lingüística do Concello de Cabana de Bergantiños. O teléfono é o 981 754 020.

Novas relacionadas

Fonte
  • Nota de prensa do Concello de Cabana, da man de Xosé Manuel Varela.

Comentarios