xoves. 01.05.2025
El tiempo

González Formoso olvida divisións internas e activa o potencial socialista de Bergantiños de cara ás municipais

González Formoso olvida divisións internas e activa o potencial socialista de Bergantiños de cara ás municipais
Valentin Gonzalez Formoso en Carballo 1 2019 xa está á volta da esquina, e os partidos xa case que están en campaña. Onte tocáballe ao PSOE de Bergantiños recibir a visita de Valentín González Formoso, candidato á secretaría provincial do PSdeG-PSOE na provincia da Coruña. En Carballo, o presidente da Deputación quixo destacar a “vocación municipalista” presentando o novo lema da súa campaña, “Socialismo, o que nos une”. Formoso apelou á unidade, consicente de que “sabemos que o cambio empeza nas municipais, por iso en Bergantiños teremos aos mellores candidatos e equipos para conformar a única alternativa real ao PP dende a esquerda”. Considera que o “os concellos e deputacións nos que goberna o Partido Socialista son a día de hoxe un auténtico muro de contención contra as políticas do PP”, e percibe “ilusión e compromiso” tras celebrar xa 10 encontros coa militancia do país. Os representantes e militantes bergantiñáns recibiron a idea de que o proxecto de Formoso de cara ás municipais pretende necesita "olvidarse das divisións internas e reencontrarse co electorado". Formoso aboga por ter unha executiva que traballe 24 horas e "bucará potenciar a comarca como eido electoral relevante dada a especialmente alta cifra do electorado carballés".

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios