Íntegro, Adisbismur, Ambas e Misela celebraron o Día da Inclusión en Ponteceso
As Asociacións ADISBISMUR, AMBAR, INTEGRO e MISELA, entidades pertencentes á COGAMI, celebraron onte, 29 de maio, o II Día da Inclusión en Ponteceso.
As 12:30 da mañá iniciouse na Casa da Cultura da vila de Ponteceso unha marcha na que, de xeito festivo e ignorando o persistente orballo, se lanzaron consignas en prol da igualdade de dereitos, da inclusión e da visibilización das persoas con diversidade funcional.
A marcha transcorreu con normalidade ata a praza do recheo, onde se uniu o alcalde de Ponteceso para a lectura dun manifesto reivindicativo que correu a cargo dun representante de cada unha das entidades e que foi elaborado polos usuarios das entidades participantes. Ao finalizar a lectura do manifesto fíxose unha solta de globos co fin de que a inclusión se fixera visible dende todos os puntos do concello.
Como o tempo non permitiu o desprazamento ata Valarés para xantar no areal, as entidades dirixíronse ás instalacións do Centro de Recursos da Asociación INTEGRO, na parroquia de Nantón – Cabana de Bergantiños, onde xantaron e como sobremesa sesión de karaoke para acabar do mellor xeito posible esta xornada festiva e reivindicativa.
Os peques de Ponteceso anímanse a ler
Mentres, na Biblioteca Municipal, e dentro do Programa de animación á lectura do Concello, nen@s do Colexio Eduardo Pondal de Ponteceso e As Forcadas de Corme disfrutaron dunha sesión de animación tan simpática como vemos aquí: