Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Íntegro e La Caixa poñen en marcha un novo programa de formación dirixido a persoas con diversidade funcional

Íntegro e La Caixa poñen en marcha un novo programa de formación dirixido a persoas con diversidade funcional
integro-lacaixa-baio Inmaculada Pérez - directora da oficina de La Caixa en Baio - e membros de Íntegro asinaron o convenio de colaboración entre ambas entidades A asociación Íntegro - coa colaboración de La Caixa de Baio - vén de poñer en marcha un novo programa de formación dirixido ás persoas con diversidade funcional da Costa da Morte e, preferentemente, as mulleres. "Capacítate" está destinado a mellorar a súa capacitación profesional e facilitar a súa inserción sociolaboral para a procura dun emprego de calidade adaptado aos perfís dos/as solicitantes. Trátase dunha acción formativa, de 200 horas de duración, orientada á “limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais” coa finalidade de profesionalizar un sector en auxe e potenciar novas alternativas de emprego na zona, especialmente entre os colectivos máis vulnerables. O centro de recursos de Nantón foi onte o lugar escollido para formalizar a sinatura do convenio de cooperación entre a asociación Íntegro e La Caixa de Baio (Zas), entidade co-financiadora do proxecto. Precisamente, a súa directora, Inmaculada Pérez, destacou a importancia de promover actuacións conxuntas para favorecer a inclusión social, cultural e laboral das persoas do rural e, sobre todo, das mulleres “que, en ocasións, sofren dobre discriminación pola súa condición sexual”, engadiu o presidente do colectivo, Adolfo López Baña que tamén estivo acompañado pola traballadora social do centro, Sandra Reimúndez. Alumnado Nun principio só 12 alumnos e alumnas formarán parte desta novidosa e interesante iniciativa coa finalidade de ofrecer unha formación individualizada e adaptada ás necesidades e características de cada participante e obter un maior aproveitamento das clases. Durante as sesións de orientación utilizaranse diferentes recursos educativos e desenvolveranse varios enfoques e metodoloxías de asesoramento, formación en habilidades sociais e laborais, itinerarios de emprego e acompañamento persoal para fomentar a participación activa do alumnado. O curso, que se vai impartir nas instalacións de Nantón (Cabana), estará dividido en seis módulos; catro teóricos, un de competencias transversais grupais e individuais, e outro de prácticas laborais non profesionais para poñer a proba os coñecementos adquiridos e promover a técnica de “aprender facendo”. As persoas interesadas en participar neste novo programa formativo deberán formalizar a súa inscrición o antes posible nas oficinas de Íntegro debido ao reducido número de prazas dispoñibles. O horario de atención ao público é de luns a venres, de 9 a 17 horas. Para máis información abonda con chamar ao 981 734 985. Novas relacionadas

Fonte

Comentarios