Martes. 08.10.2024
El tiempo

Íntegro focaliza a súa acción na Igualdade de Xénero

Íntegro focaliza a súa acción na Igualdade de Xénero
Visita da Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta a Asociacion Integro

O traballo pola igualdade entre mulleres e homes centrou a visita da Secretaria Xeral de Igualdade ás instalacións da Asociación Íntegro, sitas no lugar cabanés de Nantón. Susana López Abella realizou un percorrido polas diferentes aulas e instalacións do centro, nas que se foron analizando os recursos xa existentes.

Durante o mesmo, os responsables da entidade fixeron propostas de mellora como por exemplo un canón reprodutor fixo na aula de informática para facilitar a visibilidade dos contidos a traballar para persoas con dificultades visuais.

O acabar o percorrido mantívose unha charla no despacho de dirección na que se analizaron os servizos prestados no último ano coas achegas económicas aportadas pola Secretaría Xeral de Igualdade nos anos 2012 e 2013, grazas ós cales se contratou unha técnica de igualdade e se están a desenvolver as actividades específicas como son o servizo de atención e asesoramento a mulleres con diversidade funcional, cursos de formación, ou a participación en charlas e congresos.

Unha parte fundacmental é o Plan de igualdade da Asociación Íntegro que, enmarcado no plan estratéxico da entidade para os anos 2014 – 2016, será o instrumento utilizado para dar visibilidade as mulleres con diversidade funcional no rural e promocionará a súa participación igualitaria na comunidade ó tempo que se converte nun recurso mediante o cal articular formacións, reunións de mulleres, denuncias de trato desigual e de malos tratos e melloras na visibilización das mulleres con diversidade funcional das comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra co fin de acadar a súa participación autónoma, independente e igualitaria na súa comunidade.

Novas relacionads

Fonte

Comentarios