Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Íntegro involucra á veciñanza e ao comerco local na diversidade cun Bingo Social

Imaxe empresas colaboradoras Bingo Social Integro
Empresas colaboradoras no Bingo Social de Integro
Íntegro involucra á veciñanza e ao comerco local na diversidade cun Bingo Social

Singular iniciativa para involucrar á veciñanza e ao comercio local no coidado e atención ás xentes con diversidade funcional. A Asociación Íntegro ten preparada para o 18 de novembro a I Xornada Lúdica Bingo Social. A divertida sesión de convivencia, aberta a todo o mundo, será no Centro de Recursos de Nantón en horario de 16.30 a 19.00 horas.


As partidas arrincarán ás 17.00 horas e en todas cantarase liña e bingo. Ademais, haberá unha edición especial para os máis cativos/as, adaptada ás súas capacidades e necesidades para que poidan xogar de forma autónoma. Ao longo da tarde, servirase café e biscoito de balde, elaborado polas persoas usuarias do centro para adozar a xornada aos asistentes..

Os e as participantes poderán adquirir os cartóns para xogar esa mesma tarde polo módico prezo de 1€. E para os máis previsores/as, realizaremos unha promoción especial e limitada de 2 cartóns por 1€ uns días antes da celebración da xornada, a modo de pre-venda.

Premios

Grazas á colaboración e solidariedade de preto dunha vintena de empresas da contorna, os gañadores/as da primeira edición deste bingo solidario poderán gozar de suculentos premios, que irán desde experiencias gastronómicas ata agasallos de produtos moi variados que seguro farán as delicias de todos os/as participantes. Cestas de hixiene e beleza, alimentación, decoración, xogos para
os peques, lotes de libros, calendarios ou diferentes artigos gourmet son algúns dos obsequios cedidos polos seguintes colaboradores: Restaurante Mar de Ardora, Vístete Baio, Casa Canle, Joyería ReyMira, Comercial Benedicto, Supermercado Susana, Ler librería, Escola Bardo, Asador Rio Sil, Ed accesorios, Panadería Forno Novo, Amamber, Manuel Castiñeira Clínica Dental, Supermercados Eroski City (Joalper SL), Farmacia J. Romero Senande, O Leiteiro, Joalper SL, Moda Suárez e Bicos de Amora.

Comentarios