Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Laxe e Cabana xa preparan o seu Entroido veciñal

Laxe e Cabana xa preparan o seu Entroido veciñal
O Caietano de Laxe e o simpático Martes de Entroido de Cabana

Bergantiños xa va pensando no Entroido. Hoxe traemos as propostas para os concellos de Laxe, onde os veciños son os protagonistas, e de Cabana, que xa pensa nun Martes tremendo.

Entroido de Laxe

Será de novo o Caietano o gran protagonista do entroido laxense. Seguindo a tradición dos Enterros de Entroidos na Costa da Morte, a historia de Caietano está a ser recuperada nos últimos anos, e o éxito é total. A proba, a implicación da veciñanza, completamente volcada coa organización do entroido.

Así, xa se poden inscribir, ata o 17 de febreiro, as comparsas para o desfile do domingo 2 de marzo, ben no propio concello, a través do coreo [email protected] ou por teléfono no 981 70 69 71.

Tamén están artellados unha serie de obradoiros para preparalo entroido. Durante a semana do entroido, en concreto, os días 3, 4 e 5 de marzo, en horario de mañá, teremos no Local Social Obradoiros de Conciliación para rapaces dende os 4 ata os 12 anos en horario de mañá, de 10:30 a 13:00 horas.
As tardes dos días 4, 5 e 6, vísperas da Gran Festa que teñen preparada este ano para a despedida do entroido en Laxe para o venres 7 de febreiro, onde lle darán despedida ao finado Caietano, realizanse obradoiros de preparación desta gran festa no local social de Laxe a partir das 17:30 horas e ata as 21 horas.

Cabana terá un Martes de Entroido espectacular

Como sempre, Cabana centra o seu entroido no martes de entroido. Toca troula pois o martes 2 de marzo, a partir das 18:30 no Pavillón Polideportivo Municipal.

Para apuntarse ao certame de disfraces e de comparsas (mínimo de 7 persoas) xa está aberta a inscrición ata o 3 de marzo na Casa do Concello (Departamento de Cultura). As comparsas participantes poderán gañar premios de 200 a 50€.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios