Máis de 11.000 visitaron Dombate este verán
Segue aumentando o fluxo de visitantes no museo máis importante da bisbarra. O Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate, a catedral do megalitismo galego, segue afianzándose como visita de referencia, e máis cun programa artellado entre Deputación e Concello cabanés.
Así e todo, e sen sumarlle os visitantes participantes nas diversas actividades realizadas no centro, o número de visitantes medrou, en xullo e agosto, un 5% no último ano e máis du 15% con respecto ao 2014. Estes dous meses de 2016 rexistráronse 11.349 visitas, polas 10.693 dos xullo e agosto do ano pasado ou os 9.705 de 2014.
Se ben as cifras do mes de agosto son semellantes, cómpre sinalar que houbo un claro aumento no mes de xullo. Este ano Dombate recibiu en xullo 4708 visitas, un 20% máis que o ano pasado e un 40% máis que en 2014. Unha boa nova, sen dúbida.
Moitas actividades
Ademais, a estas cifras habería que engadirlle as que visitaron o centro nas actividades programadas.
Por exemplo, rexistrouse a mellor marca de participación na Ruta das Estrelas cun cento de persoas escoitando as historias universais de Jorge Mira; os concertos, o Simposio de Canteiría… Todas foron citas que trouxeron moita xente a este centro, dándolle vida ao domen.
Novas relacionadas
- A Deputación denuncia o uso “partidista” do alcalde de Cabana do Dolmen de Dombate.
- Xuño 2016: Uns 2400 escolares visitan o dolmen de Dombate durante a primavera.
- Marzo 2016: AGE pídelle á Xunta que adquira a titularidade do dolme de Dombate.
- 14-01-16: Dombate volve co seu guía.
- 11-01-16: “Dombate non é un centro comercial”.
- Óscar de Souto: Unha de cal e unha de area en Dombate.
- 10-12-15: Comeza o control das pinturas do dolmen de Dombate.
- Un capítulo de Herdeiros pola Forza: Dombáter.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).