Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Máis de 4.780 persoas visitaron en xullo o dolmen de Dombate

Máis de 4.780 persoas visitaron en xullo o dolmen de Dombate
exposicion-dolmen-dombate O centro arqueolóxico de Dombate acolleu o pasado mes unha exposición de pintura Ao longo do pasado mes de xullo, un total de 4.781 persoas visitaron o centro arqueolóxico Dolmen de Dombate, o que supoñen 73 persoas máis que no mesmo mes do ano anterior. O maior número de visitantes recibíronse principalmente durante a fin de semana (sábados e domingos), sendo o 9 de xullo o día de máis visitas cun total de 308 persoas (día no que recibiron a visita dos participantes dunha concentración de motos clásicas). Nestes datos non figuran as persoas que participaron nas actividades complementarias tales como a exposición de pintura "No mellor da vida", nas visitas nocturnas e nas visitas teatralizadas que ofrece a compañía de teatro Os Quinquilláns todos os sábados dos meses de xullo e agosto ás 18 e ás 19:30 horas.   [fbvideo link="https://www.facebook.com/dolmendombate/videos/1863594053960438/" width="500" height="400" onlyvideo="1"]

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios