Venres. 26.04.2024
El tiempo

A maxia de ‘Harry Potter’ invadiu os campamentos temáticos do Albergue de Cabana

Cabana HarryPotter2
A maxia de ‘Harry Potter’ invadiu os campamentos temáticos do Albergue de Cabana

Máis vivo que nunca está o albergue xuvenil de Cabana. Despois de que verán se reactivase da man da empresa Alalá Terra, toca un outono de campamentos temáticos. A concesionaria decidiu estrear esta clase de eventos invocando á maxia de Harry Potter.

Foron máis dunha trintena de nenas e nenos os que participaron en diversas actividades inspiradas no universo deste personaxe de ficción. O Mago Álex Louzao foi un dos que dinamizou as actividades que se desenvolveron do 30 de outubro a 1 de novembro. Probas de “quiddich” (ollo que pode haber aí canteira para o equipo herculino que xa ten vari@s xogador@s costeir@s), un axedrez humano, a elaboración de hidromel ou a visualización de fragmentos das película completaron o divertido campamento.

O obxectivo, segundo explicou a xerente do centro, Mariluz Imia, pasa por “traballar neste tipo de experiencias e aproveitar a paixón da rapazada e incluso das persoas adultas por eventos personalizados que atopan no municipio un escenario excepcional”. “Logo desta boa experiencia a idea é explorar outros universos como o de Star Wars e semellantes nun intento por seguir dinamizando o turismo sensorial no municipio e na comarca”, engade.

Cabana HarryPotter3

Novas relacionadas

Comentarios