Mellorarán o acceso ao litoral cabanés entre Orixeira e O Curro


Un tesouro é o litoral cabanés, pero aínda hai zonas onde o acceso é complicado. Precisamente nese sentido van ir as obras que financia a Deputación, para a recuperación e posta en valor do borde litoral entre Orixeira e O Curro, co obxectivo de facilitar o acceso da poboación á zona de costa.
Nas obras contémplase a recuperación da servidume de tránsito e a restauración ambiental da zona, que actualmente presenta un estado degradado importante. Para iso se facilitará e canalizará o acceso peonil á zona marítimo-terrestre mediante a execución de itinerarios peonís. Ademais, acondicionarase o litoral cos servizos e elementos necesarios como o mobiliario urbano ou a sinalización a través de paneis interpretativos que axuden a coñecer o hábitat e, polo tanto, a importancia da súa protección.
As obras consisten na roza do terreo, a construción de sendas e pavimentos cando sexa necesario, así como de bordos, varandas e remates. Tamén se inclúen os labores de abastecemento para a fonte e traballos de xardinería e instalación de mobiliario.
O orzamento da actuación ascende a 326.409,42 euros, dos que a Deputación asumirá o 38,72%.
Novas relacionadas
- Deputación.