Unha muller perdeu a vida nun atropelo en Cesullas
14:10 10/12/25
Esta mañá, arredor das 11:30h, rexistrouse un novo atropelo mortal en Cabana preto da Panadería A Carballa, no quilómetro 3 da AC-429, na parroquia de Cesullas.
O 112 mobilizaba ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Ponteceso, da Garda Civil de Tráfico, pero nada puideron facer para evitar o falecemento da ferida.