Xoves. 22.04.2021
El tiempo

Novas melloras da Xunta para os vestiarios do pavillón de Cabana, a piscina de Laxe, e os pavillóns da Laracha

Visita institucional a piscina de Laxe
Visita institucional á piscina de Laxe
Novas melloras da Xunta para os vestiarios do pavillón de Cabana, a piscina de Laxe, e os pavillóns da Laracha

Visitaba onte o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Laxe, José Luis Pérez, a piscina municipal descuberta no Cabo de Area. Unha das infraestruturas nas que a Xunta investirá arredor 20.000 euros para levar a cabo melloras e adecuación das súas instalacións.
Uns investimentos que permitirán o arranxo e adecuación da zona de praia da piscina, a reposición e arranxo da instalación da iluminación exteriro, a reposición da porta traseira da caseta de instalacións, a substitución e reposición dos biombos de vidro que conforman o corta ventos na zona norte da instalacións, a reposición da base de ducha exterior e a substitución da reixa do desaugadoiro perimetral da piscina.

A Xunta tamén investirá nos Concello de Cabana e A Laracha. En Cabana levarase a cabo o arranxo dos vestiarios do pavillón deportivo (24.000 euros( e na Laracha diferentes melloras nos seus pavillóns cunha achega de 25.000 euros.

comentarios