O novo proxecto eólico Mouriños ameaza o esteiro do Anllóns e unha ave protexida
Se o Concello de Laxe declarouse libre de eólicos, o resto de concellos da bisbarra miran con bos ollos a chegada dos viraventos. É o caso de Cabana, onde está en marcha o Plan do Parque Eólico Mouriños que a empresa Renovables Aragón S.L.U., filial de Gas Natural Fenosa, pretende instalar na serra do Gontón. Un parque que tamén afectaría ao Concello de Zas.
É a Plataforma Salvemos Cabana a que alza a voz para denunciar que o proxecto “afectará de maneira irreparable á magnífica paisaxe do esteiro fluvial do río Anllóns e hipotecando sen remedio o futuro desenvolvemento turístico sustentable da área”. A plataforma sinala que a zona é "un dos últimos paraísos naturais que quedan intactos na Costa da Morte” e conta miradoiro da croa do castro do Pico de Sinde, dende onde se ten unha das vistas do Esteiro do Anllóns máis espectaculares.
A escribenta das canaveirasDenuncian ademais que a área afectada atópase moi próxima ao esteiro do río Anllóns, á Zona de Especial Conservación (ZEC) Costa da Morte, á Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) Costa da Morte Norte e a tan só 850 metros da Important Bird Area (IBA) Costa da Morte, atesourando ademais unha importante biodiversidade, pois se chegaron a rexistrar máis de 300 tipos distintos de aves.
De feito, sinalan que o parque poría en afectar á conservación dunha ave en perigo de extinción, a escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus L. subsp. lusitatica Steinbacher).
O Parque incluirá 4 aeroxeneradores realmente grandes (151 metros, semellante a un edificio de 40 plantas), que xerará 10 MW.
Para presentar alegacións
p>234 priopietarios afectados, a meirande parte en Cabana, aos que apenas lle quedan uns días para presentar alegacións, unha vez que o prazo remata o vindeiro 3 de agosto. Poden consultar o estudo de impacto ambiental en ambas dependencias municipais.
Novas relacionadas
- O Concello de Laxe e as asociacións ratifican o seu rexeitamento aos eólicos.
- Dous aeroxeneradores sustitúen aos 22 muíños do parque eólico de cabo Vilán.
- Un Castelo medieval contra a invasión dos viraventos.
Outras novas eólicas
- Santa Comba, berce do primeiro viravento comercial.
- Concello e Asociacións piden manter Laxe como o único Concello da Costa da Morte libre de eólicos.
- Decembro 2014: Dous novos parques eólicos ameazan os montes de Bergantiños e Soneira.
- Agosto 2012: Rotunda oposición ao parque eólico Outes-Mazaricos.
- Agosto 2012: 23 eólicos ocuparán a fachada marítima de Touriñán.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).