Venres. 29.03.2024
El tiempo

23 eólicos ocuparán a fachada marítima de Touriñán

23 eólicos ocuparán a fachada marítima de Touriñán

Se onte falabamos do rexeitamento ao novo Parque Eólico de Outes-Mazaricos, hoxe toca irmos a Muxía montados en viraventos. E serán finalmente 23 e non 34 os aereoxeneradores os poboen os montes muxiáns, trala aprobación por parte da Xunta do segundo parque eólico na zona.

Onte era publicado no BOP a aprobación do parque Muxía II, que se une ao xa aprobado Muxía I, e que se instalarán na zona de Touriñán, Nemiña e Morquintián, en plena fachada marítima.

LIñas de alta tensión

Foi no 2009 cando os veciños se mobilizaron ante o que consideraba un atropelo. A proximidade das liñas de alta tensión que teñen que unir o parque coa zona vimiancesa así como a súa afección ao Camiño de Santiago foron as claves das protestas tanto veciñais como dos colectivos ecoloxistas.

Asi e todo, e segundo o Grupo Ecoloxista PX, a Xunta aprobaba unha resolución en 2011 que alonxaba as liñas do Camiño a non menos de 500 metros de distancia.

Novas relacionadas

Máis información

Novos proxectos eólicos

Fonte

Comentarios