Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Rotunda oposición ao parque eólico Outes-Mazaricos

Rotunda oposición ao parque eólico Outes-Mazaricos
Mapa do Parque eólico Outes-Mazaricos - Pincha na imaxe para ampliar o mapa

A construción dun novo parque eólico nos montes do interior no sur da Costa da Morte e norte da Barbanza xa comeza a crear polémica. Serán 9 viraventos, de máis de 115 metros de altura, os que a empresa Eólica Galenovase instalará entre as parroquias mazaricás de Beba e Coiro e a outiense de Valadares.

Xa está en marcha a Asociación de Afectados polo Parque Eólico Outes-Mazaricos, que o primeiro que fixo foi manifestar a súa "rotunda oposición á construción do parque eólico Outes-Mazaricos e do parque Outes-Negreira posto que o emprazamento dos aeroxeradores no medio e medio das aldeas vai supoñer para toda a zona unha devaluación económica, sociocultural e medioambiental e un grave risco para a saúde de tódolos seus habitantes", apuntaban na nota de prensa que achegamos a través do Xornal colaborador Certo da Barbanza.

"Non entendemos que as institucións que nos representan dean prioridade aos proxectos de dúas empresas privadas sobre a saúde e o futuro de toda unha comarca que depende en gran medida do seu entorno natural", denuncian.

Falta de información

Un dos clásicos cabalos de batalla nestes proxectos é o da desinformación, contra o que loitan iniciativas como a Fundación Juana de Vega cunha Guía da Paisaxe para propietarios ou a Asociación Ventonoso a base de charlas. Aquí a situación tamén foi grave, segundo sinalan dende a Asociación:

"Queremos denunciar a falta de transparencia e a pasividade que mantiveron os nosos representantes políticos en todo este proceso, negándonos mesmo a poñer á disposición dos veciños técnicos municipais para informar do proxecto. Nós mesmos tivemos que suplir estas deficiencias informando aos veciños e contratando un avogado para presentar alegacións. O feito de que a asociación conseguira mobilizar aos veciños motivou nunha das corporacións unha declaración de apoio á nosa causa. Celebramos esta declaración de intencións, e deixamos a porta abertas aos que faltan por sumarse. En todo caso, ante a enorme afectación que estes proxectos terán sobre toda a zona, e despois da inhibición inicial que mostraron as nosas corporacións locais, demandamos feitos rotundos e inequívocos que nos permitan confiar na súa palabra", argumentan.

Críticas as antigas caixas galegas/h3>

Asegura esta asociación de afectados por estes parques eólicos que Novagaliciabanco promove o parque Outes-Mazaricos a través da súa filial Eólica Galenova. "A nova dirección do banco está a pedir perdón a toda sociedade galega e desmarcándose das actuacións da anterior executiva. Este parque é un exemplo claro da súa anterior política polo que esperamos a suspensión do proxecto constatando así que a campaña de imaxe da nova dirección se traduza en feitos", rematan.

Máis información

Novas relacionadas

Novos proxectos eólicos

Outras novas

Fonte

Comentarios