Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O alumnado do CEIP de Zas coñece Íntegro

O alumnado do CEIP de Zas coñece Íntegro
  integro-ceip-zas Vintasete nenos e nenas de 4º,  5º e 6º de primaria do CEIP de Zas visitaron o mércores as intalacións de Íntegro Esta semana as portas de Íntegro volveron a abrirse para un grupo de escolares da Costa da Morte dentro do programa Visítanos!, unha actividade educativa que forma parte do programa Capacíta-T co que a entidade pretende concienciar, educar e capacitar aos máis pequenos/as en materia de diversidade. "Achegar o día a día das persoas con diversidade funcional aos estudantes de infantil e primaria é unha ensinanza máis doada, entretida e efectiva cando os/as propios/as protagonistas se converten en mestres/as por unhas horas e os libros en divertidos xogos e actividades coas que imaxinar, crear e descubrir as capacidades e habilidades que todos e todas levamos dentro", sinalan dende Íntegro. O mércores foi a quenda de 27 nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de primaria do CEIP de Zas que participaron, case sen sabelo, nunha xornada de sensibilización que deseguido se transformou nun excelente exercicio de convivencia e interacción cos nosos usuarios e usuarias, dos/as que aprenderon verdadeiras leccións de vida. obradoiro-integro Os/as estudantes participaron en distintos obradorios, entre eles un de cociña no que elaboraron unha saborosa tarta de chocolate Tras a proxección dun vídeo explicativo sobre o funcionamento do centro e as actividades que nel se desenvolven, os estudantes pasaron a acción. Divididos en varios grupos, visitaron os diferentes obradoiros do Centro Ocupacional. Nesta ocasión, ademais de elaborar xabóns de glicerina e pulseiras de macramé, os alumnos e alumnas do CPI de Zas tamén tiveron a oportunidade de participar nun obradoiro de exercitación mental a través de xogos de habilidade e rapidez que souberon resolver sen grandes dificultades aínda que, iso si, axudados/as en ocasións polos nosos usuarios/as. E se no taller de logopedia aprenderon a rir comezando por eles mesmos, no de cociña demostraron as súas incribles dotes para a repostería elaborando unha tarta de chocolate, merecedora dunha estrela Michellin. Ao rematar a xornada, os/as estudantes confeccionaron un mural, que exporán no seu colexio, coas súas impresións sobre o centro e as experiencias vividas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios