![renovacion equipos informaticos cabana]()
A aula de informática dispón de once tablets para impartir os cursos de alfabetización de adultos
O concello de Cabana de Bergantiños acaba de realizar a renovación completa dos equipos informáticos existentes en cada un dos postos de traballo da casa do concello, dispoñendo agora de
dezaseis ordenadores persoais de sobremesa e
dous portátiles así como
once tablets para a aula de informática para impartir os cursos de alfabetización dixital de adultos.
Esta renovación dos equipos informáticos realizouse mediante o procedemento de contratación de "subministración de equipos informáticos na modalidade de renting para o concello de Cabana de Bergantiños" publicado a través da Plataforma de Contratos Públicos de Galicia o pasa 20 de outubro de 2016.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Cabana de Bergantiños