Xoves. 19.09.2019
El tiempo

O Entroido tamén chegou a Cabana, Corcubión, Carnota, O Pindo, Zas e Muxía

O Entroido tamén chegou a Cabana, Corcubión, Carnota, O Pindo, Zas e Muxía
Non só Fisterra viviu un Entroido especial. Xa pasamos por varios coles da zona o pasado venres, e hoxe repasamos o que aconteceu na fin de semana de Zas, Carnota, Muxía e Corcubión.

Festa en Carnota

A gran festa que se celebrou no pavillón de Lamas de Castelo foi todo un éxito. Alí achegáronse todos para gozar co I Concurso de Filloas, a degustación das orellas, os xogos nos inchables e, como non, co concurso de disfraces.
No I Concurso de Filloas do Concello a gañadora foi Elda Pérez, que levou unha placa conmemorativa como mellor filloeira de Carnota.
Ademais no concurso de disfraces os gañadores nas diferentes categorías foron Saúl Fernández ao mellor disfraz individual infantil; Lucía e Antía á mellor parella infantil; María Andrade, mellor disfraz adulto e "As viúvas de Carnota", que gañaron unha comida no Doña Teresa, como mellor disfraz en grupo.

Cita exipcia no Pindo

Unha das citas ás que non podíamos faltar era á do Pindo, que este ano centrouse no vello Exipcio. As carrozas camparon polo paseo e polas rúas da vila carnotá. Pero tamén houbo espectáculo na praza. Un furgón de "Apestados" tomou o "concello" do Pindo e levou presos varios funcionarios... Iso si, a Policia mantiña a orde.

Peliqueiros en Carnota

O pasado luns, 7 de marzo, tivo lugar na Axencia de Lectura Municipal un obradoiro de Entroido a cargo da empresa ribadaviense Entretempos. A actividade comezou cunha sesión de contacontos protagonizada polos personaxes máis coñecidos do Entroido galego. Da man de peliqueiros, cigarróns, pantallas e boteiros, os nenos carnotáns coñeceron os festexos máis significativos do ciclo entroido tradicional. De seguido os participantes, coa axuda dos seus familiares, realizaron cadansúa máscara de peliqueiro, que luciron nunha intensa batalla de fariña organizada ao aire libre, simulando a celebración do Corredoiro ourensán.

Entroido multitudinarioen Cabana

Nunca tanto público acudira ó Pavillón Polideportivo Municipal coma na presente cita do Martes de Carnaval. Tanto as bancadas como o chan do polideportivo quedaron escasos para acoller ó público de todo tipo de idades e non só das parroquias cabanesas, senón tamén dos concellos dos arredores.

A proposta para atraer á multitude de público foi o suficientemente atractiva e lúdica. Para os máis pequenos, houbo inchables de balde durante toda a tarde, que ocuparon a metade da pista de xogo. Na outra metade, o público acudiu espectante á pasarela de disfraces e ó concurso de comparsas. Para os primeiros houbo unha merenda pola súa participación e, para os segundos, dispúxose de dez premios en metálico. De mestre de cerimonia exerceu o humorista coruñés Pedro Brandariz.
No apartado gastronómico, nove filloeiras procedentes das distintas parroquias cabanesas prepararon miles de filloas das que deron conta os asistentes ó pavillón. Para elas, o concello dispuxo dun agasallo como agasallo á súa desinteresada colaboración. A tarde de entroido acabou cun baile de disfraces amenizado polo Dúo Principal.

Obradoiro de cociña de Entroido en Muxía

Esta fin de semana, os nenos e nenas de Muxía participaron no “Obradoiro de doces de Entroido” que organizou o Concello de Muxía, dentro da súa programación de Entroido. Os rapaces/as aprenderon a facer orellas e rosquillas que eles mesmos elaboraron e logo levaron para casa para que as probaran os seus familiares. Con este obradoiro querese implicar aos rapaces na conservación da cultura tradicional (neste caso a gastronómica), ademáis de ser unha divertida forma de pasar o tempo.

Concurso de Disfraces de Zas

O Centro sociocultural de Zas acolleu unha festa de disfraces máis que divertida. Os pequenos e a cor foron os protagonistas.

Obradoiro de máscaras en Corcubión

Da man da "Universidade Popular de Corcubión" e sobre todo, da monitora de tempo libre Marta Lorenzo, a Casa da Cultura de Corcubión.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios