Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os coles da Costa quentan motores para o Entroido

Os coles da Costa quentan motores para o Entroido
Entroido Ceip Mar de Fora - Foto- Dario Gomez Xa ule a Entroido na Costa. E os primeiros en celebralo son os centros educativos da bisbarra. Se por Baio os alumnos ocuparon a estrada principal co seu desfile, polo Pindo os alumnos do CEIP San Vicenzo levan toda a semana argallando o entroido, dende a indumentaria, ata cantigas, mascaras, cancións etc para desfrutar destas datas tan especiais. Ademais, en Fisterra os pequechos alumnos, e as non tan pequechas mestras, do CEIP Mar de Fóra saíron de desfile polas rúas da Vila do Cristo. A temática este ano no centro carnotán esta dirixida os xogos de mesa, parchís, xadrez, dominó, cartas etc cada curso disfrazaráse de distintas temáticas. Este ano como novidade, o equipo do centro organizan unha exposición fotográfica do entroido, pasado e presente dende o ano 1990, ata os noso tempo, todos aqueles curiosos que a desexen visitar podeno facer no centro. Lembren que o Entroido carnotán ten o sábado unha cita ineludible no Pindo, onde as filloas e o vello Exipto serán os protagonistas. Entroido CEIP Mar de Fora - Foto- Dario GomezEntroido no CEIP do Pindo

Máis información

Poden ollar todas as propostas para este Entroido 2011 en www.axendacostadamorte.com.

Fonte

Comentarios