O GDR aproba 8 proxectos que crearán 23 novos postos de traballo
          
    08:05 21/08/17 
            
Nova asemblea tivo lugar o pasado venres en Vimianzo, da Asociación Costa da Morte GDR. Unha cita importante que servía para aprobar a proposta de selección de proxectos para as solicitudes de axuda presentadas ata o 31/03/2017 ao Programa Leader 2014-2020. Son 8 os proxectos produtivos aprobados que axudarán a crear 23 postos de traballo e a consolidar outros 17.
Proxectos Produtivos Seleccionados
O montante de investimento aceptado dos 8 proxectos produtivos aprobados ascende a 2.582.383,98€, a axuda concedida 715.931,48€, o emprego a consolidar 16,72 UTAs e o emprego a crear 23,50 UTAs.- 1.- Centro de Día Aurum, en Zas. O orzamento ascende a 138.690,83€, e o importe da axuda sitúase nos 50.483,46€.
 - 2.- Creación Centro Welness, en Escaselas (Fisterra). O orzamento ascende a 667.811,17€, e o importe da axuda sitúase nos 200.000,00€.
 - 3.- Campamento Turístico en Brandoñas, Zas. O orzamento ascende a 384.500,00€, e o importe da axuda sitúase nos 130.730,00€.
 - 4.- Creación Carpintería de Aluminio e PVC, no polígono de Cee. O orzamento ascende a 751.601,84€, e o importe da axuda sitúase nos 200.000,00€.
 - 5.- Campamento de Turismo Corzón, en Corzón (Mazaricos). O orzamento ascende a 172.025,09€, e o importe da axuda sitúase nos 57.800,40€.
 - 6.- Modernización dunha Oficina de Enseñaría, en Limideiro (Zas). O orzamento ascende a 16.111,56€, e o importe da axuda sitúase nos 5.091,25€.
 - 7.- Fabricación de Substrato de Cultivo a partir de Residuos, en Castrelo (Vimianzo). O orzamento ascende a 148.287,00€, e o importe da axuda sitúase nos 45.079,25€.
 - 8.- Creación de Carpintería de Madeira, no polígono de Bértoa (Carballo). O orzamento ascende a 303.356,49€, e o importe da axuda sitúase nos 26.747,09€ e tamén queda na lista de agarda con 64.259,86€.
 
Proxectos Produtivos en Lista de Agarda
Quedaron en lista de agarda outros 9 Proxectos:- 1.- Melloras Tecnolóxicas en Industria Cárnica (Vimianzo)
 - 2.- Investimento Parque Multiaventura e curso de Formación (A Laracha)
 - 3.- Creación – Instalación Panadería (Cabana de Bergantiños)
 - 4.- Residencia Canina (Carballo)
 - 5.- Melloras para Aforro Enerxético (Vimianzo)
 - 6.- Construción Nave e Modernización maquinaria no polígono de Cee
 - 7.- Adquisición de Maquinaria para retirada de herba artificial (Vimianzo)
 - 8.- Instalacións para mellora de competitividade no comercio ao por maior (Carballo)
 - 9.- Ampliación capacidade produtiva da empresa (Vimianzo)
 
Proxectos Excluídos
Excluíronse 9 proxectos:- 3 Por non presentar a documentación mínima requirida xunto coa solicitude de axuda.
 - 4 Por renuncia expresa dos seus promotores
 - 2 Por non verificación do Informe de Control de Elixibilidade Favorable por Agader
 
Novas relacionadas
- O GALP mantén abertas as súas axudas.
 - 2016: O novo GDR si abrangue toda a Costa da Morte.
 - A Costa da Morte necesita industria de transformación.
 - 2015: O GDR axudou a crear 80 empregos e consolidar máis de 200 dende 2009.
 
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).