Mércores. 18.09.2024
El tiempo

O GDR aproba catro proxectos promovidos por concellos cun investimento de máis de 124.000 euros

O GDR aproba catro proxectos promovidos por concellos cun investimento de máis de 124.000 euros
A xunta directiva da asociación Costa da Morte GDR - presidida por Manuel Muíño - vén de seleccionar catro proxectos non productivos promovidos por catro concellos da bisbarra co fin de que a AGADER emita as resolucións correspondentes. Esta selección fíxose na reunión celebrada o pasado luns en relación ás solicitudes de axuda presentadas ata 31 de maio de este ano ao Programa Leader 2014-2020 polas entidades públicas locais. O proxectos seleccionados son unha Aula Gastronómica de Mazaricos, concretamente na Picota e promovida polo concello de Mazaricos. O orzamento ascende a 43.548,77€, e o importe da axuda sitúase nos 37.626,14€. Cunha axuda de 38.000 euros aprobouse o proxecto de Homologación aula para certificado de profesionalidade en traballos de carpintería e moble, en O Cruceiro - Anos. O promotor do proxecto é o concello de Cabana e o orzamento total ascende a 51.728,77€. Tamén se seleccionou o proxecto de Mellora da Eficiencia Enerxética da iluminación dos parques públicos “Maximino Canedo” e “O Recreo”, ambos en A Laracha. A entidade promotora é o concello de A Laracha e o orzamento ascende a 38.962,00€, mentras que o importe da axuda sitúase nos 29.455,27€. O cuarto proxecto seleccionado foi a Área Recreativa – Deportiva e Parque Temporal de Maquinaria Agrícola, en Hermedesuxo de Abaixo – Duio na que o promotor concello de Fisterra. O orzamento ascende a 45.000,00€, e o importe da axuda sitúase nos 19.620,00€.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios