O incendio entre Cabana, Coristanco e Zas arrasou 18 hectáreas
13:47 17/07/17
Foi o sábado outro día perfecto para a propagación do lume. Día extremadamente caluroso e algo venteado. E así foi. Eran ás 14:12h cando alertaban ao 085 do comezo dun incendio na parroquia cabanesa de Nantón. Ata o lugar acodían 4 axentes, 13 birgadas, 3 motobombas, e unha pá, e 4 helicópteros e dous avións.
A intervención foi longa pois non foi extinguido ata ás 23:40h do propio sábado. Ao final, o incendio afectou a 18 hectáreas (9 hectáreas de arborado e 8 de monte raso) dos concellos de Cabana, Coristanco e Zas.
Novas dos incendios forestais 2017
- 04-07-17: Un novo incendio en Vimianzo.
- 03-07-17: A Garda Civil investiga a dúas persoas polo incendio de San Xoán en Cabana.
- 24-0-6-17: Dous incendios no Castro e Corcoesto “abren” a tempada.
- Alertan da necesaria Deseucaliptización de Galicia.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).