Venres. 19.04.2024
El tiempo

O primeiro temporal do inverno deixa fortes refachos de vento e crebas nas praias

O primeiro temporal do inverno deixa fortes refachos de vento e crebas nas praias
O temporal tirou co ciprés da Praza da Cultura de Carballo O temporal tirou co ciprés da Praza da Cultura de Carballo A Costa da Morte foi unha das principais afectadas polo primeiro temporal do inverno que se rexistrou onte e que a mantivo en alerta laranxa durante toda a mañá. O refacho máximo de aire rexistrouse en Vimianzo, onde o vento acadou os 125 quilómetros por hora. Seguiuno Lira, onde por momentos o aire soprou a 117 quilómetros por hora. En Camariñas, os refachos acadaron os 102 quilómetros/hora. As fortes choivas tamén dominaron na mañá de onte en boa parte da Costa da Morte. En Zas acumuláronse 44 litros por metro cadradado, en Santa Comba 40 l/m2 e en Carnota 35 l/m2.

Estragos en Carballo

CIpres destrozado polo temporal en Carballo Ciprés destrozado polo temporal na Praza do Concello de Carballo

Espectacular foi o derribo do ciprés da Praza do Concello de Carballo. O forte vento derrubou unha árbore de gran altura, afortunadamente sen danos materiais nin persoais.

O temporal tirou co cipres da Praza do Concello de Carballo O temporal tirou co ciprés da Praza do Concello de Carballo

Situación no mar

O temporal encheu de lixo a praia de Sardiñeiro O temporal encheu de lixo a praia de Sardiñeiro No mar, a situación estivo aínda peor xa que os fortes ventos obrigaron a manter amarrada a unha boa parte da frota pesqueira. Para os traballadores do mar, o temporal chegou no peor momento xa que lles afecta de cheo nunha das semanas de máis actividade de todo o ano. O forte vento deixou tamén vagas de mar. Así, en cabo Vilán rexistráronse ondas de 5,16 metros de altura. Outro dos efectos que deixou o temporal de aire e choiva que afectou á Costa da Morte foi a gran cantidade de lixo que o mar arrastrou para as praias da bisbarra. Unha das máis afectadas foi a de Sardiñeiro, en Fisterra, na que quedaron esparcidas unha boa cantidade de crebas (plásticos, anacos de madeira,...) e incluso dos animais mariños que non sobreviviron ao forte temporal.   Especie mariña aparecida onte na praia de Sardiñeiro Especie mariña aparecida onte na praia de Sardiñeiro Incidencias  Esta climatoloxía tan adversa provou unha boa cantidade de sucesos en toda Galicia. En total, o 112 Galicia xestionou onte un 131 incidencias relacionadas co fenómeno adverso laranxa por vento en terra e nos litorais das provincias de A Coruña e Pontevedra. O maior número de intervencións –un total de 66- estiveron relacionadas ca retirada de pólas e árbores caídas en estradas principais e secundarias da comunidade galega. Ademais, rexistráronse case unha trintena de chamadas por mor de anegamentos en vivendas, rúas, baixos comerciais e bolsas de auga en estradas. Por fortuna, non se rexistraron danos persoais causados pola desfavorable meteoroloxía, nin graves danos materiais. Pronóstico  O aviso xa mudou a amarelo e para hoxe espérase un día tranquilo - climatoloxicamente falando - para darlle paso a unha nova fronte que entrará mañá deixando de novo ventos fortes e precipitacións. Na noite de fin de ano, 4gotas pronostica que non haberá choivas e que o vento soprará de xeito moderado na Costa da Morte. A temperatura oscilará entre os 13 e os 12 grados.   Novas relacionadas Fonte  

Comentarios