![]()
Este mércores, día 19, comezan no centro arqueolóxico Dolmen de Dombate as xornadas para o profesorado bautizadas como
"Dombate Primavera da Poesía". As actividades arrancan ás 18 horas cun café de benvida e a continuación coa
representación de "A Galiña azul", de Carlos Casares, da man da compañía Ubú Teatro. Da presentación desta campaña da editorial Galaxia ao redor do autor do día das Letras 2017, encargarase María Canosa. Xa o xoves, os participantes realizarán un
itinerario guiado por Miro Villar pola vila de Laxe seguindo as pegadas de Antón Zapata.
As xornadas para o profesorado continúan o mércores 26 e o xoves 27 coa
análise do poema "O dolmen de Dombate" de Eduardo Pondal coa visión do estudoso Manuel Ferreiro e co recital poético
"Rapsodia en negro" de Jide Majia a cargo de Alberto Pombo e Iolanda Castaño. Bieito Romero tamén expoñerá a súa experiencia de
Dombate como fonte de inspiración musical.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Cabana de Bergantiños