![berberechos-anllons-pinchos]()
Ten que ter claro a Costa da Morte que o futuro está na
especialización. Saber cales son os seus puntos fortes, melloralos e promocionalos coma un tesouro. Polo Anllóns téñeno claro, e da man da guerrilleira
Agrupación de Mariscadoras do Esteiro do Río Anllóns, seguen loitando polo seu. E que é o seu?
o Berberecho.
A pasada semana remataba o
curso de cociña de berberechos impulsado polo GAC. Toda unha aposta no que tamén participou a entidade
Meigalicia, que propón que os hostaleiros da zona poidan sacarlle rendemento total a este produto da terra. Unha clara
aposta pola diferenciación para sacarlle valor engadido aos nosos produtos.
Proxecto Berberecho
O chamado "Proxecto Berberecho" conseguíu relacionar a varias administracións. Deste xeito, ademais da clausura do curso a conselleira do Mar Rosa Quintana achegouse a
inaugurar a depuradora de moluscos do Anllóns, e participou nunha charla sobre a situación da ría bergantiñá
Ademais do novedoso curso impartido polo cociñeiro
Miguel García Silvarredonda, as mariscadores inclúen no proxecto a propia degustación do molusco e un obradoiro artesanal de cestería para a realización de embalaxes tradicionais para este produto.
A propia
Rosa Quintana puxo o proxecto como exemplo de I+D+i. Sinalou ademais que o GAC traballará para "incrementar o valor engadido do berberecho impulsando a súa comercialización".