Martes. 10.12.2019
El tiempo

O río Anllóns tece colaboracións turísticas entre os seus cinco concellos

O río Anllóns tece colaboracións turísticas entre os seus cinco concellos
Xose Regueira presidiu a reunion dos Concellos do Anllons Xose Regueira presidiu a reunion dos Concellos do Anllóns Laracha, Carballo, Cabana de Bergantiños, Coristanco e Ponteceso son os concellos que atravesa o río Anllóns. Cinco concellos que comparten moito máis que a comarca de Bergantiños (Laxe e Malpica tamén participaron na cita en todo caso), e nese marco, o responsable da área de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, fixo unha chamada de unión para elaborar un proxecto de desenvolvemento turístico arredor do río. O Plan de Patrimonio da Deputación da Coruña contempla a creación dun "Proxecto Anllóns”, ademais do Parque do Megalitismo. Arredor do Anllóns xirarán iniciativas de sendeirismo, interpretación da natureza e patrimonio. Se o pasado 2017 tivera lugar a primeira reunión en clave de facer comarca, o ano 2020 será un dos anos importantes deste proxecto.

Flúe a literatura arredor do Anllóns

O deputado Xosé Regueira referiuse na súa intervención ao proxecto do Mandeo para mostrar a "potencialidade dun recurso fluvial como eixo articulador de toda a comarca natural, con capacidade de atracción turística e promoción económica do territorio". No caso do Anllóns, Regueira insistiu na "riqueza dun río con patrimonio natural e patrimonial, historia e referencias literarias claves na nosa lingua coa figura de Pondal fundamentalmente". Na xuntanza, destacouse de maneira especial a potencialidade do Anllóns para o sendeirismo e a interpretación da natureza, cos elementos destacados do territorio que atravesa o río. Na reunión participaron os cinco alcaldes do territorio, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o da Laracha, José Manuel López, o de Cabana, José Muíño Domínguez, o de Coristanco, Abraham Gerpe e o de Ponteceso, Xosé Lois Carballido ademais do deputado de Turismo, Xosé Regueira e persoal técnico das áreas de turismo e intervención da Deputación da Coruña.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-deputacion-pide-cooperacion-aos-concellos-para-sacar-adiante-o-parque-do-megalitismo-da-costa-da-morte/ https://quepasanacosta.gal/o-rio-anllons-colle-impulso-cun-proxecto-de-comarca/

Comentarios