Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Turismo na Costa da Morte medrou nun 21% entre 2012 e 2014

O Turismo na Costa da Morte medrou nun 21% entre 2012 e 2014
Turistas na Lonxa de Fisterra 2 Turistas na Lonxa de Fisterra

Moi interesante o estudo que vén de presentar o IGE sobre os indicadores turísticos en Galicia do 2012 a 2014 . Unhas cifras que demostran que foron anos de gran crecemento para o sector na Costa da Morte.

Calculando o incremento do número de noites por km de liña de costa da destino, a Costa da Morte medrou un 22% (de 543 en 2011 a 693 en 2014). O mesmo dato do incremento do 22% sae de calcular o número de noites totais que se acolleron, pasando da 247.193 noites en 2012 ás 315.743 en 2014.

Indicador de Noites na Costa da Morte

Indicador201220132014
Noites247.193204.780315.746
Indicador Área144119184
Indicador Costa543450693
Indicador Poboación (1)0,550,460,72
Indicador Poboación (2)2,021,692,62
Indicador Estacional (1)41,550,141,6
Indicador Estacional (2)-10,88,6-8,5
  • Indicador Área = Número de noites / Área do destino (km2).
  • Indicador Costa = Número de noites / Liña de costa do destino (km).
  • Indicador Poboación (1) = ((Número de noites / número de días no ano) / poboación do destino)*100.
  • Indicador Poboación (2) = Número de noites / poboación do destino.
  • Contabilizamos dende 2012 e non dende 2011 pois foi o ano no que se modificaron os concellos de cada zona turística. En 2011 a Costa da Morte incluía os concellos de Arteixo, Laracha, Carballo, Malpica, Ponteceso, Cabana, Laxe, Camariñas, Muxía, Cee, Fisterra, Corcubión. E a partir de 2012 contan Carnota, Coristanco, Dumbría, Mazaricos, Laracha, Carballo, Malpica, Ponteceso, Cabana, Laxe, Camariñas, Muxía, Cee, Fisterra, Corcubión, Vimianzo, Zas.
Indicador Numero de noites-Lina de costa do destino km na Costa da Morte Mapa_noites_porcentaxe_destino_2014  

Comparando datos co resto de Galicia

En 2014 as noites en aloxamentos turísticos de Galicia situáronse en 8.486.557, cifra que dividida polo tamaño de poboación galega2, sitúase en 3,10 noites ao ano por cada residente en Galicia. A Costa da Morte anda lixeiramente por riba desa media, con 3,7, semellante a zonas como a Ribeira Sacra ou a Mariña Lucense, pero lonxe de zonas como as Rías Baixas ou as grandes cidades.

A presión do turismo sobre os residentes na Ría de Arousa situouse en 2014 en 2,32 potenciais novos habitantes por cada 100 residentes habituais. En Santiago e nos concellos limítrofes foi de 1,66 turistas por cada 100 habitantes. Outros tres destinos superan a media galega: a Mariña Lucense (1,17%), os Ancares-Courel (1,17%) e a Ribeira Sacra (1,15%). Na Costa da Morte aínda estamos no 0,72.

Se se relacionan as noites coa superficie da Comunidade Autónoma galega resulta un valor de 287 noites por km2. Desagregando este indicador4 por destinos turísticos, de novo aparecen os concellos da Ría de Arousa na primeira posición, con 2.598 noites por km2. Na Costa da Morte sumamos 184 noites por cada km2 de territorio.

Procedencia

O 37% dos visitantes á Costa da Morte son de Galicia, e un 63& a fóra de Galicia (a media galega de visitantes de fóra é do 69%).

Concellos costeiros

INdicadores de noites por concellos costeiros  

Novas relacionadas

Fonte

  • redacción de QPC ([email protected]).
  • IGE. Elaboración IGE a partir das enquisas do INE: Encuesta de ocupación hotelera. Encuesta de ocupación en acampamentos turísticos. Encuesta de ocupación en apartamentos turísticos. Encuesta de ocupación en alojamientos de turismo rural.

Comentarios