O whatsapp, o auditorio virtual da nova fornada de regueifeiras de Bergantiños

07:17 08/12/18

Regueifa feminista
Xa compartiron escenario durante o II Encontro de novos bardos da Regueifa na Tasca da Ferradura da Trabe, da man da Fundación Eduardo Pondal e a Organización ORAL, e con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Estuveron rimando Lupe Blanco de Oca, Carmaría de Buxán, Yéssica de Amboade e Olla de Negreira, nun acto presentado por Carmen de Pardiñas, nun auténtico feito histórico para a cultura popular galega. ”Atopámonos con un home que non lle facía moita gracia ver a 4 mulleres regueifando, pero marchou co rabo entre as pernas”, conta Lupe. “unha festa que contou ademais cun público participativo, e coa banda “My Way” de Cesullas, que lle daban con moito xeito. A reunión deu ata para unha videochamada con Alexis Díaz Pimienta, catedrático cubano en improvisación oral que estivo por Santiago a semana pasada e estaba en Cádiz dando un congreso, e que compartiu unhas coplas coas novas bardas da Costa da Morte. https://www.facebook.com/1001950496537699/videos/757021147999408/?t=10Máis novas regueifeiras
- Enreguéifate: A regueifa é cousa dos máis novos.
- Febreiro 18: A Costa da Morte, epicentro do relevo xeracional da regueifa, esa inmensa arma de construción masiva”.
- A regueifa toma as aulas con Enreguéifate.
- Recuperando o afiado saber da Regueifa de Bergantiños.
- Lupe Blanco imparte 4 obradoiros de regueifa no Couto durante os sábados de novembro.
- Lupe Blanco, a nova regueifeira de Bergantiños.
- De MZ a Baíñas: Regueifando con Fasido do Ribeiro.