venres. 08.11.2024
El tiempo

O whatsapp, o auditorio virtual da nova fornada de regueifeiras de Bergantiños

O whatsapp, o auditorio virtual da nova fornada de regueifeiras de Bergantiños
XM Varela con Maria Jesús afillada do atrevido de Grixoa, Carmela, nai de Laura, Laura, Lupe e Bárbara Regueira de Neaño Xosé María Varela con Maria Jesús, afillada do atrevido de Grixoa, Carmaría e Laura Mariño (nai e filla), Lupe Nieto e Bárbara Regueira de Neaño Cando dicimos que as novas tecnoloxías valen para todo, nunca nos imaxinaríamos unha cousa tal. Comprobar que o whastapp serve para que a nova fornada de regueifeiras de Bergantiños, e parte de Soneira, practiquen as súas coplas, ficamos absolutamente abraiados. Pero así é, e o grupo de juasap que teñen formado a raíz dos obradoiros de regueifa na Fundación Eduardo Pondal que impartía Lupe Nieto, está servindo de auditorio virtual para as novas regueifeiras (son na maioría mulleres) perdan o medo e se lancen con facilidade a rimar. No grupo, “Regueifas de Bergantiños”, cómpre falar por audios, e rimando, compartindo coplas, non vale escribir. “Falan en verso claro, ás conversas nese grupo son así”, explica Lupe Blanco, “pero hai que andar con ollo que o grupo arrasa… como te despistes un anaco, xa tes 120 juasás sin ler”, bromea. Ademais, non hai horarios, “aquí se regueifa a calquera hora oiches... 1 da mañá ou 3 da tarde. Recomendo telo en silencio”… (risas). Son unhas cantas, a maioría son mulleres, as que se están lanzando a rimar dende hhai un par de veráns. Jessi Remuiñán de Amboade (Coristanco); Carmaría (Buxán, Coristanco, poeta popular), que comparte coa súa filla, Laura Mariño, esta afección. Tamén está Bárbara de Neaño; José de Baíñas; María Jesús de Grixoa; Olalla da Prica (Olalla Liñares, de Negreira), ou Óscar de Cambre (Buño), que é camionero e vai regueifando mentres guía.

Regueifa feminista

Xa compartiron escenario durante o II Encontro de novos bardos da Regueifa na Tasca da Ferradura da Trabe, da man da Fundación Eduardo Pondal e a Organización ORAL, e con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Estuveron rimando Lupe Blanco de Oca, Carmaría de Buxán, Yéssica de Amboade e Olla de Negreira, nun acto presentado por Carmen de Pardiñas, nun auténtico feito histórico para a cultura popular galega. ”Atopámonos con un home que non lle facía moita gracia ver a 4 mulleres regueifando, pero marchou co rabo entre as pernas”, conta Lupe. “unha festa que contou ademais cun público participativo, e coa banda “My Way” de Cesullas, que lle daban con moito xeito. A reunión deu ata para unha videochamada con Alexis Díaz Pimienta, catedrático cubano en improvisación oral que estivo por Santiago a semana pasada e estaba en Cádiz dando un congreso, e que compartiu unhas coplas coas novas bardas da Costa da Morte. https://www.facebook.com/1001950496537699/videos/757021147999408/?t=10

Máis novas regueifeiras

Comentarios