Xoves. 14.11.2019
El tiempo

Onde está a orixe da vaga de incendios?

Onde está a orixe da vaga de incendios?
Concentracion en Cabana contra a vaga de lumes-Foto-Contraminate Concentración en Cabana contra a vaga de lumes-Foto-Contraminate Volviu pasar. Galicia volve a tinguirse de negro e , de novo, ábrese o debate: terrorismo incendiario ou mala política forestal?  A maior parte das forzas políticas do país coinciden en sinalar que os lumes que afectaron onte a boa parte da comunidade galega foron provocados. Para uns, a orixe radica na intencionalidade. Para outros os medios e as políticas non son as axeitadas. Mentres, ao longo do país, ducias de concentracións acolleron a milleiros de veciños que berraron outra vez o "Nunca Máis",  lembrando aqueles duros días do Prestige onde tamén foi a sociedade civil a que salvou Vigo da completa destrución. Tamén berraron os veciños da Costa da Morte, en dúas concentracións case espontáneas, convocadas a través das redes sociais por un grupo de colectivos comprometidos, ao saberen que había convocatorias en diversos puntos do país. A demostración de apoio ás brigadas e particulares que están a loita contra os lumes, e solidariedade cas vítimas deuse en dous puntos, diante do Concello de Carballo emais diante do Concello de Cabana, a onde acodiron ducias de veciños a berrar #LumesNuncaMáis. Unhas 80 persoas procedentes da contorna de Cabana, Baio, Laxe, Corme e Coristanco, demostraron que a Costa da Morte tamén chora a vaga de lumes. Concentracion en Cabana contra a vaga de lumes-Foto-Contraminate Escea da concentración en Cabana contra a vaga de lumes-Foto-Contraminate Concentracion en Carballo contra os lumes Concentración en Carballo contra os lumes [fbvideo link="https://www.facebook.com/concellodecarballo/videos/734450723432900/" width="650" height="400" onlyvideo="1"]  

A visión dos 3 partidos, dende a Costa

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, denunciaba esta mañá que o "terrorismo incendiario" foi o culpable da situación de drama e caos que se viviu onte en boa parte da comunidade galega e que se cobrou a vida de catro persoas, milleiros de hectáreas queimadas e tres Reservas Naturais afectadas. Na mesma posición está María Pose, alcaldesa de Santa Comba polo Partido Popular, quen asegura que "a política forestal actual está perfectamente implantada. En Santa Comba tivemos unha subvención activa durante todo o verán para a contratación dunha brigada contra incendios, entregáronnos unha motobomba, hai persoal para os desbroces,...  o problema é que estes lumes están claramente intencionados. Non se pode falar de incendios, hai que falar dun terrorismo forestal e non hai política que poida loitar contra iso". En Santa Comba contan a día de hoxe con dúas brigadas antiincendios xa que, por un problema interno, comezaron a traballar máis tarde que na maioría dos concellos. Precisamente unha destas brigadas participou a pasada noite na extinción dun lume declarado na parroquia de Mira, en Zas. "A rápida intervención e o feito de que as fincas do lado estiveran limpas facilitaron os traballos de extinción evitando que o lume se propogase descontroladamente", di Óscar Lema, tenente de alcalde do concello de Zas polo BNG.  mapa-incendios-galicia Principais incendios activos onte en Galicia Para Óscar Lema o problema está na actual política forestal onde hai unha certa permisividade co abandono dos montes e non se controla a plantación de eucaliptos. "A Lei de Montes do 2012 recolle a obriga de ter os montes limpos, sen embargo, non se aplica", indica o tenente de alcalde de Zas.  A privatización do sector é para Óscar Lema outro dos problemas que acarrea a actual política forestal. "Non se acaban os incendios mentras haxa empresas que gañen cartos cando se queima o monte", di Lema. O de Zas non foi o único lume rexistrado onte na Costa da Morte. Sobre as tres da tarde de onte domingo, orixinabase un incendio na zona urbana de Ponteceso. "A rápida intervención dos veciños e veciñas e do Ges de Ponteceso axudaron a que se apaga rapidamente o lume", sinala o alcalde de Ponteceso polo PSdeG, Lois Carballido. En canto aos medios dos que dispoñen, o rexedor pontecesán di que lle prometeron unha motobomba para o GES de Ponteceso "e sigo esperando por ela". Neste sentido, sinala que non dispoñen dos medios necesarios para actuar rápido que, para el, é unha das claves fundamentais nestes casos.  

Condicións climáticas

As peores horas vividas onte coincidiron cos restos do furacán #Ophelia que deixou na comunidade ventos de máis de 100km/h e unhas temperaturas pouco habituais para esta época do ano. "Aproveitaron a situación climatolóxica para provocar os lumes. Non é lóxico que comece a arder en case todos os sitios ao mesmo tempo", di María Pose de Santa Comba quen se mostra impresionada polas imaxes nas que o lume atravesaba a autopista; "iso non hai medios materiais que o atallen" sentencia a alcaldesa popular. Para Óscar Lema, do BNG de Zas, os lumes de onte foron intencionados pero tamén critica a "deixadez" do goberno galego en actuar; "ao primeiro deixouse en mans de Dios a ver se o solucionaba". Sinala que ainda está recente o caso dos incendios de Portugal e para el habería que cortar carreteras para evitar mortes como a das dúas octoxenarias que faleceron nunha furgoneta cando escapaban da súa casa; activar a alarma número 1 e pedir axuda ao estado antes de que a situación se agrave. "A fotografía de Feijóo coa mangueira na man cando estaba na oposición vaino a perseguir toda a vida", di Lois Carballido. Por ese motivo, o alcalde de Ponteceso sinala que a Xunta é a responsable de que haxa os medios necesarios para extinguir os lumes. Para Lois Carballido esta vaga de incendios é comparable co Prestige. "O 70% do territorio de Carballeda de Avia queimouse", indica o socialista pontecesán.

Solucións

Para Óscar Lema, do BNG de Zas, unha das solucións está nas campañas de concienciación e sensibilización nas que se poña en valor o monte e que se fomente e facilite a creación de explotacións no medio rural que son as que axudan a conservar o monte. "O rural está abandonado. Nos mitins, os representants do goberno din que apoian o rural pero na vida real non hai apoio ao rural, se non todo o contrario, hai numerosas trabas administrativas para crear explotacións", asegura Óscar Lema. Para el, a longo prazo, recuperaría a idea do bipartito de crear as denominadas UXFOR - Unidades de Xestión Forestal -. "A política forestal é un problema fundamental de Galicia polo cambio climático e pola configuración da poboación", sinala Lois Carballido, alcalde de Ponteceso. Para el a solución pasa por un diálogo entre as distintas forzas políticas que forma o Parlamento de Galicia. Ao longo do día de hoxe son moitas as organizacións as que mostraron a súa opinión ao respecto da vaga de lumes. O secretario xeral da CIG - Paulo Carril - responsabiliza da catátrofe que padeceu Galiza a noite pasada á política de abandono do rural propiciada polo Partido Popular e a política de eucaliptización promovida desde a Xunta de Galiza, condicionada polos intereses empresariais da pasteira ENCE.

Novas relacionads

Artigos relacionados

Fonte

   

Comentarios