Os 22 elementos patrimoniais que afectan, pero non impiden, o Proxecto eólico Pena Forcada-Catasol
Así o recoñece a empresa. Hai 22 elementos patrimoniais (nos concellos de Cabana, Zas e Laxe) que se verán afectados pola liña de evacuación eólica do proxecto eólico de Laxe (Pena Forcada -Catasol II). Unha circunstancia que non lle impediu á Xunta de Galicia declarar o proxecte de “interese especial”, facendo caso dos argumentos da propia empresa promotra Fenosa Wind: “Pese a este gran número e variedade de elementos, o dseño da lñinea non afecta de forma directa a ningún deles, polo que o proxecto se pode valorar como compatible coa protección e conservación do patrimonio cultural do seu ámbito”.
Unha circunstancia que provoca as iras de colectivos conservacionistas como O Petón do Lobo, que recorda a necesidade de coidar o noso patrimonio cultural e natural. Pero para esta Xunta parece clara a maior importancia da “incidencia industrial e social” por riba do respecto ao patrimonio, tal e como demostra a probación da polémica “Lei fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia”.
Por outra banda, o proxecto industrial eólico de Fenosa non valora o impacto da súa afección ao patrimonio cultural no turismo dos tres municipios da comarca de Bergantiños afectados (Laxe, Cabana e Zas), a pesares de que Laxe está recoñecido como municipio de interés turístico, pola propia Xunta de Galicia desde o 10/12/2007.
Os 22 elementos patrimoniais
MÁMOA DE CRUZ DO FURCO, a 397 metros do proxecto. CRUZ DO FURCO, a 316 metros do proxecto. CONXUNTO DA TORRE, a 370 metros do proxecto. MONTE DO CASTRO/SARCES/TORRE XALLÓNS, a 158 metros do proxecto. S-03. CRUCEIRO 42.032 COENS, a 330 metros do proxecto CRUZ DA MINGACHA, a 220 metros do proxecto. TRAS DO FOXO/GÁNDARA MOURA, a 100 metros do proxecto. MORIÑANA, a 97 metros do proxecto. CASTRELO, a 230 metros do proxecto. CASTELO, a 386 metros do proxecto. COTÓN DO MARCO/CASTELO MURIÑO, a 545 metros do proxecto. COTÓN DO MARCO, a 515 metros do proxecto. CASTELO GRANDE DO ALLO, 824 metros do proxecto. CASTRO DE PIÑEIRO, a 495 metros do proxecto. BIC TORRES DO ALLO, a 399 metros do proxecto. MUÍÑO DO REGO SOESTO, a 111 metros do proxecto. CHOZO DAS AREOSAS, a 15 metros do proxecto. VAGONETAS DA MINA DE COÉNS, a 61 metros do proxecto MUÍÑO DO REGO GUNDAR, a 52 metros do proxecto. MÁMOA DO ALTO DO PEDROSO, a 174 metros do proxecto. MÁMOA DE TRAS DA SENRA, a 196 metros do proxecto. MUÍÑO DO REGO FORNELOS, a 18 metros do proxecto. Ademais, menospreza o “Castelo” medieval sinalando que só é un topónimo.Artigos eólicos
- Como repercute a invasión dos eólicos nos Concellos da Costa da Morte?.
- A estafa eólica aos propietarios das fincas afectadas polas liñas de evacións eléctrica.
- A repotenciación dos parques eólicos: unha trampa para os propietarios afectados.
- Eólicos vs Dragaxe de Laxe. Mariñeiros vs Unión Fenosa.
Novas eólicas
- Abril 18: Tres novos parques eólicos da comarca declarados “interese especial”.
- Abril 18: Ventonoso intentou aportar información aos afectados pola repotenciación do parque eólico de Corme.
- 15-02-18: Regoelle, a tea de araña dos eólicos da Costa da Morte
- 09-02-18: Os viraventos do parque eólico de Muxía atravesan as estreitas estradas da comarca.
- 05-02-18: Feijoo defende no Parque Eólico de Malpica a chamada Lei de Depravación de Galicia.
- Xaneiro 18: Denuncian a tramitación fragmentada do Estudo de Impacto Ambiental dos proxectos eólicos de Cabana e Laxe.
- Decembro 17: A Xunta autoriza o Parque Eólico de Catasol II en contra do pobo de Laxe e pendente da UE.
- Outubro 17: A Costa da Morte tamén berro o #NuncaMáis contra a Lei de Depredación de Galicia.
- Setembro 17: En Marea oponse ao Parque de Mouriños e á Proposición de Lei que permite declarar de utilidade pública os proxectos eólicos.
- Agosto 17: A liña de evacuación do parque éolico de Mouriños tamén levanta polémica.
- Agosto 2017: Critican que Gas Natural non contemple dispositivos de protección de aves nos novos proxectos eólicos.
- Agosto 2017: O parque eólico de Laxe chega ao Parlamento Europeo.
- Agosto 2017: Adega tamén lamenta o baixo canon que recibirán os Concellos dos proxectos eólicos de Cabana e Laxe
- Agosto 2017: O Manifesto de Laxe contra os eólicos.
- Agosto 17: O proxecto eólico de Mouriños afectaría a dous elementos arqueolóxicos catalogados.
- Xullo 2017: A Xunta acelera dous parques eólicos en Laxe e Cabana pese a forte oposición.
- Xullo 17: O novo proxecto eólico Mouriños ameaza o esteiro do Anllóns e unha ave protexida.
- Decembro 2016: O Concello de Laxe e as asociacións ratifican o seu rexeitamento aos eólicos.
- Decembro 2016: Un castelo medieval contra a invasión dos viraventos en Laxe.
- Setembro 16: Dous aeroxeneradores sustitúen aos 22 muíños do parque eólico de cabo Vilán.
- Xaneiro 2016: Concello e Asociacións piden manter Laxe como o único Concello da Costa da Morte libre de eólicos.
- Decembro 2014: Dous novos parques eólicos ameazan os montes de Bergantiños e Soneira.
- Agosto 2012: Rotunda oposición ao parque eólico Outes-Mazaricos.
- Agosto 2012: 23 eólicos ocuparán a fachada marítima de Touriñán.
- 2011: 3 novos parques eólicos ameazan o Monte Pindo.
- 2011: Aprobado o parque eólico no Alto da Croa.
Máis novas
- Historia da Enerxía Eólica na Costa da Morte: Pioneiros en todo.
- Santa Comba, berce do primeiro viravento comercial.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Redacción QPC ([email protected])