Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Os centros educativos recuperan un importado Samaín

Os centros educativos recuperan un importado Samaín

Cada vez son máis os centros educativos que propoñen unha véspera do Día dos Defuntos a golpe de cabaza. Galicia está a recuperar unha festa que nunca foi súa. Pero o poder da cultura yanki fai que os mortos vivintes teñan máis forza que Os Encantos.
I é que o Samaín é a festa celta, que os irlandeses levaron a EEUU, que estes trasformaron no "Haloween" e que agora nos vén de volta renomeado, pero con denominación de orixe estadounidense.

Con todo, é fermoso ver aos cativos do CPI de Zas disfrutalo, ou aos do Centro Íntegro, prepararse para unha noite de terror.

Relatos de terror en Zas

Un gran xeito de celebralo é cun certame de relatos de terror entre os alumnos, como fixeron, igual que nos últimos anos, no CPI de Zas.
Ademais, pola mañá tiveron unha sesión de contacontos para todos os de Ed. infantil e todos os de primaria. Unha bruxa veu contarlles contos de medo e tamén houbo unha pequena sesión teatral para os de infantil e 1º ciclo de primaria.
Todo esto organizado pola coordinadora (a bruxa dos contacontos) do equipo de normalización lingüística (EDDLG) do centro, Inés Suárez Rey.

Gañadores do Concurso de Samaín de Zas

Os gañadores do certame de relatos de terror foron:

  • Secundaria: Noemí Allo Abelenda.
  • Primaria: Laura Amigo Varela.
<ñ>Tamén se expuxeron as cabazas decoradas onde os premios para as que máis gustaron foi por ciclos de infantil e primaria:

  • Ed. infantil: Nuria López González.
  • 1º ciclo: Tatiana Racerey Romar.
  • 2º ciclo: Uxío Ferreiro Suárez.
  • 3º ciclo: Saray Rama Caamaño.

Samaín no Íntegro

Samain no Centro Integro

Ademais, o pasado mércores, celebraron o Samaín no centro de recursos ÍNTEGRO. Os usuarios do centro ocupacional e de día tiñan aterrorizado a toa persoa que se acerba a eles!!! Os mortos viventes que había no centro, ademais de aterrorizar a todo aquel que se lles acercaba, decoraron cabazas, fixeron un "caldo" de ollos en sangue e un pastel de cemiterio, realizaron terroríficos broches en fieltro e "descansaron" vendo a película "El joven Frankenstein".

As súas caras falan por si soas!!

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios