Os pequenos teatreiros de Cabana gañan o Certame de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís

20:21 26/10/10

Restaurante Farruco
A obra Restaurante Farruco é un texto de Chus Pereiro que está editado por Edicións Xerais de Galicia. Nela, sóbese ás táboas a problemática que sofren á hora de xantar tres comensais (unha parella de namorados e o rei) por parte do camareiro Farruco, a cociñeira Siñá Manuela e o seu axudante e duns cantos animais (unha galiña, unha vaca, unha mosca e un porco) que para nada teñen ganas de formar parte do prato dos citados comensais. Á parte do enredo teatral, o trazo máis importante desta obra é o uso dunha linguaxe rimada que lle achega á mesma un enfoque humorístico e un ritmo magnífico.Novas relacionadas
- Os pequenos actores cabaneses do Resturante Farruco rematan a súa xira.
- Os alumnos de teatro de Cabana levan o seu "Restaurante Farruco" de Nantón a Corcoesto.
- O humorista José Touriñán fíxolle un cásting aos alumnos da Escola de Verán do Couto.<7li>
- Segundos Meniños que difrutan do programa estival en Cabana.
Fonte
- Nota de prensa do Departamento de Cultura do Concello de Cabana, da man de Xosé Manuel Varela Varela.