Xoves. 12.09.2024
El tiempo

Os propietarios dos monumentos megalíticos de Vimianzo visitan o dolmen de Dombate

Os propietarios dos monumentos megalíticos de Vimianzo visitan o dolmen de Dombate
megalitos-vimianzo En Vimianzo hai cinco dólmenes catalogados como BIC - Ben Interese Cultural - Mañá pola tarde, concretamente ao redor das 16:30 horas, os porpietarios e propietarias dos monumentos megalíticos ubicados no concello de Vimianzo visitarán o dolmen de Dombate. Esta visita enmárcase dentro das accións emprendidas polo goberno vimiancés coas que quere poñer en valor estes momumentos. Esta é a terceira xuntanza con propietarias e propietarios dos dólmenes de Vimianzo. Na primeira o catedrático Fernando Carrera fixo unha achega aos monumentos megalíticos dende o punto de vista arquolóxico, na segunda o arqueólogo da Xunta de Galicia - Iñaki Vilaseco - abordou o punto de vista legal e nesta terceira poderán ver un monumento excavado. En Dombate poderán descubrir a importancia do patrimonio megalítico, ver un monumento excavado e comprobar de primeira man a riqueza que xenera para a comunidade un dolmen posto en valor. Acomapañaranos nesta excursión o alcalde - Manuel Antelo - e a concelleira de Cultura, Deportes e Mocidade - Marta Rei -.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios