Martes. 15.10.2024
El tiempo

Os teatreiros de Íntegro despediron un curso de estrea

Os teatreiros de Íntegro despediron un curso de estrea
Grupo DiversiTeatro de Integro

Menuda estrea teatral a que se viviu o pasado venres 27 no Centro de Recursos da Asociación Íntegro. As usuarias e usuarios do Centro Ocupacional e de Día da Asociación Íntegro aproveitaron para celebrar o San Xoán con diversas actividades.
Arrincaba a xornada cun ensaio aberto da obra de teatro “E ti onde estas?”, escrita e interpretada polo grupo de Diversi&Teatro da Asociación ao que asistiron familiares, amigas e amigos; entre o público atopábanse tamén algúns dos padriños e madriñas do grupo aos que hai que agradecer a súa colaboración sen a que sería imposible a actividade de Diversi&Teatro, nin a súa internalización.

A representación foi un auténtico éxito que se espera repetir á volta das vacacións xa que o grupo Diversi&Teatro reanudará a súa actividade a partir de setembro, o que non implica que non sigan desenvolvendo actividades artísticas xa que a Asociación está inmersa nun obradoiro de audiovisual e preparando a súa participación nas xornadas deportivas que terán lugar este verán en colaboración con outras entidades, ademais das actividades de ocio e tempo libre programadas pola entidade.

Para rematar a xornada púidose disfrutar dun xantar ao aire libre no que padriños e madriñas puideron charlar animadamente cos membros do grupo e as súas familias sobre o argumento da obra e sobre a boísima interpretación que se fixo, e que se espera repetir á volta do verán.

Comilona de Integro para pechar o curso

Novas relacionadas

Fonte

  • Íntegro.

Comentarios