Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Os trasnos invaden a TVE de Faro en Faro

Os trasnos invaden a TVE de Faro en Faro

Non paran os trasn@s de invadir a televisión. Salto mediático do Camiño dos Faros, esa senda peonil que une Malpica e Fisterra pegada ao litoral que tan ben ensina a verdade Costa da Morte.

Así o disfrutaron os membros do Escarabajo Verde convertindo en trasna á TVE. Veñen de publicar a primeira parte dunha reportaxe inmensa sobre o Camiño costeiro, pois os 26 minutos de cada programa non lles chegaba para toda maxia que contén esta ruta.

Empregade media horiña para disfrutar do noso meirande tesouro, o patrimonio natural, a través deste Camiño, o "mellor recurso turístico posible para a Costa da Morte".

1ª parte

 

2ª parte

 

Con Edu Soto

Non valía dicirlle aquelo do Neng, e ningún trasn@ fixo tanto o parvo. Edu Soto vestiuse o forro verde para facerse parte da familia do Camiño dos Faros e preparou un novo programa da TVE, 80 centímetros. Fermosa e auténtica imaxe a que brinda a Costa da Morte a televisión estatal.

Novas sobre o Camiño dos Faros

Fonte

Comentarios