Mércores. 20.11.2019
El tiempo

Os Voluntarios do Monte Branco retiran 7 toneladas da invasora unlla de gato de Valarés

Os Voluntarios do Monte Branco retiran 7 toneladas da invasora unlla de gato de Valarés
Voluntarios Monte Branco .arrincando unlla de gato en Valares Os Voluntarios Monte Branco arrincaron 7 toneladas de unlla de gato en Valarés

Discreto e silencioso como o animal que lle dá nova, a especie invasora unlla de gato (Carpobrotus edulis ou tamén chamada herba de coitelo ou chorón das praias) está arrasando con medio litoral galego. Unha pranta de orixe surafricana que atopou nos nosos cantís un lugar ideal para desenvolverse, e que medra cunha rapidez espectacular.

Esta planta carnosa reprodúcese con grandísima facilidade, sobre todo en solos queimados. E o secu carácter invasivo non só esgota a calidade dos solos, senón que impide o arraigamento de especies autóctonas. Ademais, as súas fermosas flores violetas producen unha altísima cantidade de polen que monolopolizan a labor ecolóxica dos insectos polinizadores, deixando esquecidas outras especies.

Unlla de gato en Valares-Costa da morte-Foto-Voluntariado Monte Branco A Unlla de gato medra en Valarés e en moitos lugares da Costa da morte-Foto-Voluntariado Monte Branco

Así o recoñecen os propios trasnos do Camiño dos Faros, que tras 4 anos percorrendo cada metro de litoral costeiro, corroboran o seu crecemento continuo, e recoñecen que se trata dunha gran amenaza para o noso ecosistema. O propio Traski cóntanos que a zona da Insua, en Laxe, é das máis afectadas, con diferencia, pero que Punta Nariga e outros lugares do norte de Bergantiños tamén están sufrindo enormemente a súa invasión.

Iso si, son moitos os sitios que nos que comezan a aparecer pequenas manchas, e aí é onde hai que atacar. Arrincando, que é o único que se pode facer para evitar a praga.

A importancia dos voluntarios

E para “arrincar”, ante a falta dunha política real de prevención dende as administracións (a pesar de que a Xunta tena recoñecida como “especie invasora” e que aparece no Catálogo Español de Especies exóticas Invasoras), fai falta a implicación e o traballo, continuo, de moitos voluntarios.

Xentes como os membros do Voluntariado Ambiental Monte Branco son un verdadeiro exemplo de como hai que tratar estas cousas. A través dun programa ambiental que conta coa axuda da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta, as María Chouciño, Vanessa Puente, Adriana García, Diego Gómez e Andrea Guzmán (todas de Ponteceso) veñen de organizar unha completa semana de actividades relacionadas coa nosa natureza, contando coa presencia de mozos de Sevilla, La Rioja ou Huesca.

Gozaron dunha xornada do Camiño dos Faros e dun roteiro arqueolóxico por Cabana; aprenderon a facer xabóns naturais nun obradoiro de cosmética natural e plantas aromáticas; riron canto quixeron nunha velada de risoterapia; pararon a observar as aves da ensenada...

Pero se cadra, acción máis significativa foi a retirada, tras unha dura semana de traballo, de 7168 kilos de unlla de gato da praia de Valarés. Si, 7 toneladas desta especie conseguiron arrincar coas súas mans @s [email protected] do colectivo Píllaras das dunas, [email protected] que mesmo un día colaboraron os alumnos de Biodiversidade do IES Ponteceso. Iso si que foi unha clase práctica para eles!

Seguiremos de preto a estas bravas voluntarias pontecesás que se fan chamar Píllaras das dunas, un nome que nace desa interesabnte ave que hai que protexer na ensenada da Insua, e que pasa por ser un ave tremendamente "activa e incansable", como todas elas.

7 toneladas de unlla de gato menos coas voluntarias de Monte Branco 7 toneladas de unlla de gato menos coas voluntarias de Monte Branco

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios