![Membros da asociación Petón do Lobo presentaron as sinaturas no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia]()
Membros da asociación Petón do Lobo presentaron as sinaturas no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia
Representantes da asociación autonómica e ambiental Petón do Lobo presentaron as sinaturas no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia
contra a inclusión dos dereitos mineiros de Corcoesto no futuro PXOM - Plan Xeral de Ordenación Municipal- que está en fase de tramitación no concello de Cabana de Bergantiños.
Segundo indican dende a entidade ecoloxista, as sinaturas presentadas opóñense á inclusión no futuro Plan Xeral dos dereitos mineiros de Corcoesto cancelados polo imperativo legal do artigo 84 da Lei 12/2014, de 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, xa que logo, aparte de ficar arestora extinguidos, prevalecen os valores forestais, ambientais, ecolóxicos e culturais da área afectada, en consoancia co solo rústico de protección forestal co que está clasificadoactualmente.
"A realidade física do val fluvial do Lourido e os valores singulares que encerra a entorna é incompatible cos sistemas xerais previstos no documento de incio do PXOM en tramitación", indican dende a asociación ecoloxista Petón do Lobo.
Ademais, os representantes da entidade mantiveron unha reunión coa secretaria xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia para tratar sobre o asunto.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
- Petón do Lobo