Luns. 09.09.2024
El tiempo

Polo verán, a aprender inglés divertíndose

Polo verán, a aprender inglés divertíndose

Fantástica a proposta do English Experience Costa da Morte. Un campamento de verán co inglés como fío condutor para aproveitar o verán para aprender un idioma tan importante como o inglés.

Esta ocasión de aprender inglés divertíndose terá lugar no Concello de Cabana e mais no Colexio A Gándara de Sofán, gracias á iniciativa de Nieves Eiroa Souto, veciña da localidade de Cabana, e Gerard Geraghty, Profesor nativo irlandés. Contan ademais coa colaboración do Concello de Cabana de Bergantiños e da Anpa A Riveira no caso de Cabana; e coa colaboración da Anpa Raiante, no caso de Sofán.

O “Englishfest” é un campamento de inglés, dinámico, onde os nenos aprenderán inglés nun ambiente divertido e seguro, aprendendo gramática e vocabulario mentras se realizan outras actividades coma deportes anglosaxóns, kayac, clases de natureza, reciclaxe, xornadas contra o racismo...
”A idea é achegar aos nenos a cultura doutros países onde se fala este idioma, para que vexan que non se trata só dun idioma que se aprende na escola, senón que vexan que é unha realidade, e que a día de hoxe é moi importante falalo”, cóntanos Nieves. “De maneira que queremos que os rapaces coñezan deportes coma o ruggbi, beisbol, fútbol americano ou fútbol gaélico (deporte típico irlandés) e para elo contamos coa colaboración do coñecido grupo de rugbi da Coruña CRAT. Tamén os equipos de fútbol americano da Coruña e Santiago. O beisbol practicarano coas monitoras de orixe americano, o o gaélico cos monitores irlandeses”.

Ademáis contarán cunha xornada multicultural, cun convidado senegalés, e unha convidada Coreana, que nos contarán por que nos escolleron como país de destino.

Máis información e inscricións

Están previstos dous campamentos para este verán. O primeiro dende o 1 de xullo ao 15 do mesmo mes, ambos incluidos, e o segundo será do 16 ao 30 de xullo, tamén, ambos incluidos.

Fonte

Comentarios