Venres. 19.04.2024
El tiempo

O POS de Cabana empregarase, entre outras cousas, para a renovación do camiño do Rego dos Muíños

Rego dos Muinos
O POS de Cabana empregarase, entre outras cousas, para a renovación do camiño do Rego dos Muíños

O POS+2021 da Deputación da Coruña servirá en Cabana para executar traballos de rehabilitación integral no fermoso percorrido do Rego dos Muíños, un dos nosos favoritos Recunchos da Costa. Trátase do acondicionamento xeral da ruta, un traxecto composto por tres quilómetros e que tamén forma parte do Camiño dos Faros.
O goberno local estivo á espera da aprobación de Augas de Galicia desde o ano pasado para darlle luz verde á actuación. Esta semana, o Concello recibiu a última autorización pendente, neste caso da Deputación, para iniciar o proceso de licitación.
Xa en marzo do 2021, como consecuencia do paso da borrasca Karim, realizouse un plan de arranxos con carácter urxente debido aos danos que sufriu a senda.

Comentarios