Venres. 03.05.2024
El tiempo

A veciñanza das Grelas leva un mes sen internet por mor das obras da senda peonil

Obras da fibra nas Grelas Cabana
A veciñanza das Grelas leva un mes sen internet por mor das obras da senda peonil

Un mes sen internet levan as veciñas e veciños das Grelas (Canduas) por mor das obras construción da Senda Mixta que vai dende O Pendón as Grelas. Unha situación imperdoable para o BNG de Cabana que "esixe dos Goberno Municipal que resolva e poña fin a esta chapuza".

Lembran que "xa dende o seu inicio, as obras de construción da Senda Mixta crearon innumerábeis problemas as veciñas e veciños froito dun proxecto feito sen falar cos afectados e sen ter en conta a casuística de cada finca". "Pero o que resulta inconcibible, nunha obra proxectada e realizada en pleno século XXI é que non se deixasen as canalizacións soterradas necesarias para os servizos deste século".

O último problema, de momento, xurdiu cando a empresa de servizo de telefonía veu substituír o cable antigo pola fibra óptica. O que debería ser levado a cabo nun par de días, tal como lle comentaron aos veciños, leva sen solución definitiva pasado un mes. "Por inconcibíbel que poida parecer, os cables de fibra non poden pasar por parte das canalizacións que, presuntamente, se deixaron para ese fin". Así, os negocios e particulares das Grelas estiveron sen servizo de internet días e semanas. Hoxe mesmo, xoves 6 de xullo, hai veciños que non dispoñen de tal", denuncian.

A solución “provisional” que se lles ofreceu foi que o cableado pasase polas fachadas das vivendas, e enganchar o mesmo nas farolas de deseño acabadas de instalar. Pois ben, "logo de semanas nesta situación de “provisionalidade”, o problema segue sen solucionarse na súa totalidade e, hoxe mesmo, están a perforar na senda acabada de rematar para tratar de atopar a canalización", critican.

Cableado da fibra por Canduas
O cableado da fibra non foi sorterado

Ante esta situación o BNG de Cabana esixe:

1.- Que o goberno do Concello axilice os trámites e obras necesarias para que toda a veciñanza dispoña do servizo de fibra óptica tal e como corresponde.
2.- Que se resolva esta situación de provisionalidade da fibra pendurada das farolas nunha obra de tan alto custe como é esta Senda.

 

Comentarios