Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Propoñen os camelios centenarios da Igrexa de Corcoesto para o Catálogo de Árbores Senlleiras

Propoñen os camelios centenarios da Igrexa de Corcoesto para o Catálogo de Árbores Senlleiras
igrexa-parroquial-de-corcoesto-cos-camelios

Sen dúbida, son uns camelios senlleiros, os da Igrexa parroquial de Corcoesto. E gracias ao traballo de divulgación e promoción da Asociación ambiental e cultural Petón do Lobo, pode que sexan incluídos no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galicia. Así o explica a entidade bergantiñá que os propón para a súa inclusión.

Trátase de 2 camelios de aproximadamente 6 metros de altura cada un deles situados a cada lado da porta principal da igrexa parroquial de San Pedro de Corcoesto. A idade destas árbores ronda os 107 anos e o seu diámetro os 73 cm aproximadamente. Na última reforma da igrexa parroquial, na década dos anos 70, construiron ao seu redor un muro de lousas de cantería, que lle sirven de maceta e de contención. Os camelios imprimen unha singular beleza á fachada principal da igrexa parroquial e son un elemento connatural á mesma, formando unha unidade indivisible e inseparable do elemento patrimonial.

Os 2 camelios atópanse en bo estado de conservación. Ao longo dos anos foron obxecto de podas controladas por parte de persoal experto en árbores ornamentais.

Fonte

  • Petón do Lobo.

Comentarios